De conformidade co disposto no artigo 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE núm. 285, do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, logo de intentada notificación persoal dúas veces no último domicilio coñecido, e ao non ser posible a súa práctica, emprázanse as persoas que se sinalan no anexo para ser notificadas por comparecencia.
Os actos foron adoptados polo xefe territorial da Consellería.
A comparecencia deberá efectuarse, na sede da Área Provincial do IGVS en Lugo, Edificio Administrativo sito na avenida de Ramón Ferreiro, 28, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do BOE.
Lugo, 15 de decembro de 2015
Carlos Vila Pérez
Xefe territorial de Lugo
ANEXO
Expediente: E.S.LU-33/2014.
Interesado: Óscar García Pérez.
Último enderezo conocido: rúa Portugal, 35, 1º D, Lugo.
Acto de notificación: resolución do procedemento sancionador.
Expediente: E.S.LU-33/2013.
Interesado: Jesús Villanueva López.
Último enderezo conocido: rúa Curros Enríquez, 4-1º A, Sarria.
Acto de notificación: requirimento de execución da resolución do procedemento sancionador.