Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 23 de decembro de 2015 Páx. 48038

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2771/2014-CON).

Tipo número de recurso: RSU recurso de suplicación 2771/2014-CON

Xulgado de orixe/autos: procedemento ordinario 889/2012 do Xulgado do Social número 1 de Ferrol

Recorrentes: Izar Construcciones Navales, S.A., Navantia, S.A., José Ramón Bouza Piñeiro

Avogados: Jorge Manuel Vázquez Miranda, Francisco Javier García Ruiz, María Celia Veiga Ramos

Procurador: Luis Sánchez González

Recorrido: Auxiliar de Plantas Industriales, S.A.

María Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2771/2014-CON desta sección, seguido por instancia de Izar Construcciones Navales, S.A., Navantia, S.A., José Ramón Bouza Piñeiro contra Auxiliar de Plantas Industriales, S.A., sobre outros dereitos seguridade social, ditouse a seguinte resolución:

«Que, desestimando os recursos de suplicación interpostos pola representación procesual da parte demandante e pola representación letrada da empresa Navantia, S.A. e estimando en parte o recurso de suplicación interposto pola representación procesual da empresa Izar Construcciones Navales, S.A. en liquidación contra a sentenza do oito de xaneiro de dous mil catorce, ditada polo Xulgado do Social número 1 dos de Ferrol nos autos nº 889/2012 seguidos por instancia de José Ramón Bouza Piñeiro fronte a Izar Construcciones Navales, S.A., Navantia, S.A., e Auxiliar de Plantas Industriales, S.A., sobre indemnización de danos e perdas derivados de enfermidade profesional, debemos condenar e condenamos solidariamente as demandadas Izar Construcciones Navales, S.A. en liquidación e Navantia, S.A. ao pagamento ao demandante da cantidade de 96.000 euros, e desestimamos as restantes pretensións contidas no recurso.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida dos catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Auxiliar de Plantas Industriales, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 30 de novembro de 2015

A letrada da Administración de xustiza