Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 23 de decembro de 2015 Páx. 48036

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 2441/2015 BB).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación (RSU) 2441/2015 BB

Xulgado de orixe/autos: demanda 595/2009 Xulgado do Social número 1 de Vigo

Recorrente: Instituto Nacional da Seguridade Social

Avogado: Servizo Xurídico da Seguridade Social

Recorridos: Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Rocas de Porriño, S.L., Rocas y Cantería Ornamental, S.L., Mutual Midat Cyclops, administración concursal Rocas de Porriño, S.L., José Carlos Alonso Alonso, Sergio Miguel de Brito Fagundes, José Luis González Alén

Avogados: Servizo Xurídico Seguridade Social, (…), (…), José Luis Feijoo Borrego, José Luis González Cuenca, Patricia Rodríguez Mariño

María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2441/2015-BB, seguido por instancia de José Luis González Alén, José Carlos Alonso Alonso, Sergio Miguel de Brito Fagundes, contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Rocas de Porriño, S.L., Rocas y Cantería Ornamental, S.L., Mutual Midat Cyclops, sobre incidentes de execución, se ditou a seguinte resolución:

«Decidimos que desestimando o recurso de suplicación interposto pola letrada da Administración da Seguridade Social, na representación que posúe do Instituto Nacional da Seguridade Social, contra o Auto do 19 de febreiro de 2015, ditado polo Xulgado do Social número 1 dos de Vigo, ditado en procedemento de execución de sentenza, seguido por instancia de Mutual Midat Cyclops fronte á entidade recorrente, debemos confirmar e confirmamos na súa integridade a resolución contra a que se recorre.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra esta só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 220 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social e unha vez firme expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, incorporándose ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++)».

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG, co fin de que lle sirva de notificación en legal forma a Rocas de Porriño, S.L. e Rocas y Cantería Ornamental, S.L., en ignorado paradoiro. Coa advertencia aos destinatarios de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento. Expido e asino a presente edicto.

A Coruña, 17 de novembro de 2015

A letrada da Administración de xustiza