Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Martes, 22 de decembro de 2015 Páx. 47864

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (891/2012).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Moisés Camafeira Pérez contra Limpiezas El Polígono, S.L., en reclamación por ordinario, rexistrado co número procedemento ordinario 891/2012, se acordou, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da Lei de xurisdición social, citar a Limpiezas El Polígono, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 25 de xaneiro de 2016 ás 12.30 horas, na planta baixa, sala 1, do edificio da rúa Berlín, para a celebración dos actos de conciliación e, se é o caso, xuízo. Poderá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e deberá acudir con todos os medios de proba de que se intente valer, coa advertencia de que é única convocatoria e de que os actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Interrogatorio de parte do representante legal de Limpiezas El Polígono, S.L, coa advertencia de que, en caso de non comparecer, se lle poderá impor a multa prevista no artigo 292.4 da Lei de axuizamento civil e que, se non comparece sen xusta causa á primeira citación, rexeita declarar ou persiste en non responder afirmativa ou negativamente, malia o apercibimento que se lle fixo, poderán considerarse recoñecidos como certos na sentenza os feitos a que se refiran as preguntas, sempre que o interrogado interviñese neles persoalmente e a súa fixación como certos lle resulte prexudicial en todo ou en parte.

Requirir a demandada Limpiezas El Polígono, S.L. para que presente no xuízo o contrato de traballo e as follas de salario do demandante desde xaneiro de 2012 e as TC de cotización á Seguridade Social do mesmo período e o cadro horario e os partes de traballo mensuais do mesmo período e, igualmente, os cadros de vacacións dos anos 2011 e 2012, coa advertencia de que, de non o facer, se poderán considerar probadas as alegacións feitas pola parte contraria en relación coa proba acordada (artigo 94 LXS).

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

En caso de que pretenda comparecer no acto de xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, unha vez trasladada esta intención ao demandante, poida este estar representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de se valer no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que lle sirva de citación a Limpiezas El Polígono, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2015

A secretaria xudicial