Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Martes, 22 de decembro de 2015 Páx. 47866

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 250/2015).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 250/2015 deste xulgado do social, seguidos por instancia de José Manuel Rodríguez Rey contra a empresa Construcciones Lorenzo Cao, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou auto, con data do 13 de novembro de 2015, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Parte dispositiva do auto:

«Dispoño despachar orde xeral de execución a favor da parte executante, José Manuel Rodríguez Rey, fronte a Construcciones Lorenzo Cao, S.L., parte executada, por importe de 1.451,43 euros de principal, máis 308,17 euros en concepto de xuros de demora do artigo 29.3 do ET, máis 175,96 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Non procede o despacho de execución contra a empresa UTE Lavacolla, ao constar nas actuacións o ingreso, con data do 3 de marzo de 2014, da cantidade de 3.396,79 euros (2.745,41 euros en concepto de principal e 651,38 euros en concepto de xuros de demora) e a entrega da dita cantidade a Milagros Verde Crespo con data do 25 de marzo de 2014.

Este auto, xunto co decreto que ditará a secretaria xudicial, e copia da demanda executiva, serán notificados asemade á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LAC. A executada queda apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución, e conforme dispoñen os artigos 251.2 e 239.3 da LXS.

Contra este auto poderase interpor recurso de reposición ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación en que, ademais de alegar as posibles infraccións en que puidese incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, se poderá deducir a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que acaecesen con posterioridade á súa constitución do título. A compensación de débedas non será admisible como causa de oposición á execución.

Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3, aberta no Banco Santander, conta número 5076 0000 64 0250 15. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberase ingresar na conta número 0049 3569 92 0005001274 e, no campo concepto, deberá indicar o número de conta 5076 0000 64 0250 15. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución contra a cal se recorreu, utilizando o formato
dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

O/a maxistrado/a xuíz/a. A secretaria xudicial».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que sirva de notificación a Construcciones Lorenzo Cao, S.L., expido este edicto.

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2015

A secretaria xudicial