Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Martes, 22 de decembro de 2015 Páx. 47862

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (437/2013).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 437/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Enrique Saavedra Bouza contra a empresa Buzoneos Galicia, S.L., con intervención do Fogasa, sobre ordinario, se ditou sentenza, cuxo encabezamento e resolución din:

«Sentenza

A Coruña, 24 de setembro de 2015.

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, vistos os presentes autos seguidos neste xulgado co nº 437/2013, en que foron partes, dun lado como demandante, Enrique Saavedra Bouza, asistido do letrado da CIG, Pedro Pedreira Candal e, como demandado, Buzoneos Galicia, S.L., que non comparece e o Fogasa, que tampouco comparece, sobre cantidade, pronunciou en nome do rei, a seguinte sentenza:

Resolución

Que, estimando a demanda interposta polo demandante Enrique Saavedra Bouza, con citación do Fogasa, debo condenar e condeno a empresa Buzoneos Galicia, S.L. a que aboe ao demandante a cantidade de 1.202,52 euros polos conceptos reclamados en demanda.

Notifíquese esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela non cabe recurso de suplicación.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Buzoneos Galicia, S.L., expido este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 1 de decembro de 2015

A secretaria xudicial