Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Luns, 21 de decembro de 2015 Páx. 47608

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1209/2014).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 1209/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jesús Bonome López contra Isotec Aislamientos Técnicos, S.L., Fogasa sobre ordinario, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza 544/2015

A Coruña, 27 de novembro de 2015.

María Marta Guillemet García, xuíza por substitución do Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña, unha vez vistos os presentes autos seguidos neste xulgado co nº 1209/2014, en que foi parte, dun lado como demandante, Jesús Bonome López, asistido polo letrado Sr. Fernández Martínez e, doutro, como demandada, a empresa Isotec Aislamientos Térmicos, S.L., que non comparece, e o Fondo de Garantía Salarial, que non comparece, sobre reclamación de cantidade, pronunciou en nome do rei, a seguinte sentenza:

Resolución

Estímase integramente a demanda formulada por Jesús Bonome López fronte a Isotec Aislamientos Técnicos, S.L. e, en consecuencia:

– Condénase a Isotec Aislamientos Técnicos, S.L. a aboar ao demandante a cantidade de mil douscentos euros (1.200 €). A citada cantidade devindicará os xuros moratorios previstos no artigo 29.3 do ET.

Con intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela no presente procedemento.

Notifíquese a resolución ás partes.

Contra esta resolución non cabe recurso de suplicación por razón da contía.

Así o acorda, manda e asina, María Marta Guillemet García, xuíza por substitución do Xulgado do Social-Reforzo da Coruña.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna a maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que conste e sirva de notificación a Isotec Aislamientos Técnicos, S.L., en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 27 de novembro de 2015

A secretaria xudicial