Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Luns, 21 de decembro de 2015 Páx. 47610

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (87/2013).

Eu, Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 87/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Carlos Núñez Mera e Pablo Fernández Cambiazo contra a empresa Esabe Vigilancia, S.A., Fogasa, administración concursal de Forensic Solutions, S.L.P. sobre ordinario, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza 525/2015.

Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: reclamación de cantidade 87/2013

Demandante: Carlos Núñez Mera e Pablo Fernández Cambiazo

Letrado: Sr. Pena Díaz

Demandado: Esabe Vigilancia, S.A.

Letrado: administración concursal de Esabe Vigilancia, S.A.

Sentenza 525/2015.

A Coruña, 24 de novembro de 2015.

Resolución

1º. Estimo a demanda formulada por Carlos Núñez Mera e Pablo Fernández Cambiazo contra Esabe Vigilancia, S.A. e, en consecuencia, condénoa a aboarlle aos traballadores as seguintes cantidades:

– A Carlos Núñez Merda, a cantidade de 3.688,68 euros, así como o 10 % do xuro de demora.

– A Pablo Fernández Cambiazo, a cantidade de 2.661,31 euros, así como o 10 % de xuro de demora.

2º. O Fogasa e a administración concursal de la demandada deberanse ater ao establecido na presente resolución.

Inscríbase esta resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela neste procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtase de que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se arquivará.

Así o pronuncio, mando e asino. Javier López Cotelo, xuíz social de reforzo da Coruña.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna o maxistrado xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que conste e sirva de notificación a Esabe Vigilancia, S.A., en ignorado paradoiro, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de edictos.

A Coruña, 24 de novembro de 2015

A secretaria xudicial