Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Venres, 18 de decembro de 2015 Páx. 47488

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO da delegación do Concello de Agolada en materia de recursos locais.

O Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra, na sesión extraordinaria celebrada o día 28 de outubro de 2015, acordou aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a delegación que, en materia de xestión de recursos locais realizou o concello de Agolada por acordo do Pleno municipal do 31 de agosto de 2015, e seguindo o establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e 7 do citado Real decreto lexislativo 2/2004, para que a Deputación Provincial de Pontevedra exerza as facultades de recadación en vía executiva dos ingresos de dereito publico que se atopen pendentes de cobramento na tesouraría do concello.

A citada delegación realizaraa a Deputación de Pontevedra a través dos seus servizos tributarios.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Pontevedra, 5 de novembro de 2015

Mª del Carmen Silva Rego Carlos Cuadrado Romay
Presidenta da Deputación Secretario da Deputación
Provincial de Pontevedra Provincial de Pontevedra