Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Venres, 18 de decembro de 2015 Páx. 47489

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

El Progreso de Lugo, S.L.

ANUNCIO de convocatoria do XXIII Premio Puro Cora.

O Premio Puro Cora creouse co obxectivo de estimular as iniciativas individuais que, en calquera das súas facetas, teñan contribuído a ennobrecer o papel dos medios de comunicación, tanto a nivel nacional como internacional e con anterioridade a esta convocatoria.

O resultado do premio farase público o día 2 de febreiro de 2016, en Lugo, e está dotado con 10.000 euros.

Correspondencia a El Progreso de Lugo, S.L., r/ Ribadeo, 5, 27002 Lugo.

Lugo, 17 de decembro de 2015

Blanca García Montenegro
Presidenta