O Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra, na sesión extraordinaria celebrada o día 28 de outubro de 2015, acordou aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a delegación que, en materia de xestión de recursos locais, realizou o concello de Dozón por acordo do Pleno municipal do 31 de agosto de 2015, e seguindo o establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e 7 do citado Real decreto lexislativo 2/2004, para que a Deputación Provincial de Pontevedra exerza as facultades de recadación en vía executiva dos ingresos de dereito publico que se atopen pendentes de cobramento na tesourería do concello.
A citada delegación realizaraa a Deputación de Pontevedra a través dos seus servizos tributarios.
O que se fai público para xeral coñecemento.
Pontevedra, 5 de novembro de 2015
Mª del Carmen Silva Rego Carlos Cuadrado Romay
Presidenta da Deputación Secretario da Deputación
Provincial de Pontevedra Provincial de Pontevedra