Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Mércores, 16 de decembro de 2015 Páx. 47090

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (80/2015).

ETX execución de títulos xudiciais 80/2015

Procedemento de orixe: despedimento obxectivo individual 821/2014

Sobre despedimento

Demandante: Rosalba Contreras Canales

Avogado: Manuel Castro Fernández

Demandados: Photon Mundial, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa)

Eu, María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 80/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rosalba Contreras Canales contra Photon Mundial, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución:

«Providencia da maxistrada xuíza Paula Méndez Domínguez

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2015

Dada conta, vista a dispoñibilidade da axenda de sinalizacións e do escrito presentado pola parte executante, a teor do disposto no artigo 240 da LRXS e de conformidade co artigo 238 do mesmo texto legal, acordo:

Citar de comparecencia a empresa Photon Platinum Products and Services, S.L. fronte á cal se solicita a ampliación da execución, para o próximo día 11.1.2016, ás 13.30 horas, na Sala de Audiencias número 1 deste xulgado, sita na rúa Berlín, s/n, polígono das Fontiñas, coas advertencias legais e facéndolle saber que debe de asistir cos medios de proba de que intenten valerse.

A secretaria xudicial expedirá as comunicacións necesarias para facer efectiva a citación acordada.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e é carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

E para que sirva de notificación en legal forma a Photon Mundial, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2015

A secretaria xudicial