Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Mércores, 16 de decembro de 2015 Páx. 47089

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (819/2012).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 819/2012 por instancia de Mutua Gallega de Accidentes del Trabajo contra Norberto Fernández Laranjo, Trafober, S.L., Sanidade de Castilla y León-Sacyl, Xerencia de Saúde de León e O Bierzo, Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, sobre determinación de continxencia, nos cales recaeu sentenza con data do 30 de setembro de 2015 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolvo:

Desestímase a demanda interposta pola Mutua Gallega de Accidentes del Trabajo contra o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Norberto Fernández Laranjo, a empresa Trafober, S.L. e a Sanidade de Castilla y León-Sacyl, Xerencia de Saúde das áreas de León e O Bierzo e absólvense as citadas empresas ou entidades das pretensións realizadas contra elas.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar neste xulgado no prazo do cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, ou representante, dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

Para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación en forma a Norberto Fernández Laranjo, expido e asino este edicto.

A Coruña, 25 de novembro de 2015

O secretario xudicial