Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Mércores, 16 de decembro de 2015 Páx. 47088

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Lalín

EDICTO (216/2014).

Ana Hernández Mora, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Lalín, fago saber que en virtude do acordado nos autos de referencia, e de conformidade co disposto nos artigos 156.4 e 164 da LAC, mediante este edicto notifícaselle a Yoliber Dorinda González Gascón a sentenza ditada no presente procedemento cuxo contido é do teor literal seguinte:

«Sentenza

Lalín, 17 de novembro de 2014

Vistos e examinados por Carmen Riveiros Santiago, xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Lalín, os autos de xuízo ordinario nº 216/2014, por instancia da procuradora sra. Blanco Mosquera, en nome e representación da entidade mercantil Aktiv Kapital Portfolio AS, Oslo, Sucursal en ZUG, defendida polo letrado sr. Bosch contra Yoliber Dorinda González Gascón, en situación de rebeldía procesual.

Resolvo:

Notifíqueselles a resolución ás partes en forma legal, advertíndolles que contra ela poderán interpor, ante este xulgado, recurso de apelación dentro dos vinte días seguintes á súa notificación, que non será admitido a trámite se non acredita a parte interesada ter constituído o depósito requirido pola disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica do poder xudicial, introducida mediante a LO 1/2009, do 3 de novembro.

Están exentos de constituír o depósito para recorrer os incluídos no número 5 da disposición citada e os que teñan recoñecido o dereito á asistencia xurídica gratuíta.

Fáganse as anotacións correspondentes no libro de asuntos e lévese esta ao libro de sentenzas e autos deste xulgado e testemuño dela aos autos principais.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Lalín, 16 de xullo de 2015

A secretaria xudicial