Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Mércores, 16 de decembro de 2015 Páx. 47082

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2652/2014).

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de Xustiza da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2652/2014 desta sección, seguido por instancia do Instituto Nacional da Seguridade Social contra a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Obrastone, S.L., Fremap, Mutua de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais, Francisco Javier Fuentes Monteagudo, sobre accidente de grao, se ditou a seguinte resolución:

«Que desestimamos o recurso de suplicación formulado polo Instituto Nacional da Seguridade Social, contra a sentenza ditada o 27 de febreiro de 2014 polo Xulgado do Social número 3 de Pontevedra en autos 629/2013 sobre incapacidade permanente, resolución que se mantén na súa integridade.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas desta Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo «Observacións ou concepto da transferencia» os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E, para que así conste para efectos de publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Obrastone, S.L., coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 25 de novembro de 2015

Letrada da Administración de xustiza