Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Mércores, 16 de decembro de 2015 Páx. 47080

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO de notificación de dilixencia de ordenación (RSU 3595/2015 MDM).

Tipo e número de recurso: RSU (recurso de suplicación) 3595/2015

Xulgado de orixe/autos: despedimento obxectivo individual 967/2014 Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

Recorrente: Fogasa

Avogado: Avogacía do Estado, Fogasa, A Coruña

Recorrida: Rita María Parada Álvarez

Avogado: Gil Alfonso López Pérez

Recorridos: administración concursal de Pescados Juan Fernández (Diego Comendador Alonso)

Recorridos: Pescados Juan Fernández, S.L.U.

Casación en unificación de doutrina: 473/2015

Parte recorrente: Fondo de Garantía Salarial

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso suplicación 3595/2015 desta sección, seguido por instancia de Fondo de Garantía Salarial contra Rita María Parada Álvarez, administración concursal de Pescados Juan Fernández (Diego Comendador Alonso) e Pescados Juan Fernández, S.L.U., sobre despedimento disciplinario, foi ditada resolución do teor literal seguinte:

«Dilixencia de ordenación:

María Isabel Freire Corzo.

A Coruña, 24 de novembro de 2015.

O anterior escrito presentado o 20 de novembro de 2015 polo Fondo de Garantía Salarial únese ao recurso da súa razón. Tense por preparado o recurso de casación para unificación de doutrina e concédese á parte recorrente o prazo de quince días para interpor o recurso ante esta sala, facéndolle saber que os autos se encontran ao seu dispor na oficina xudicial para a súa entrega ou exame se o considera necesario e que deberá sinalar un domicilio para notificacións na sede do Tribunal Supremo, salvo que xa o tivese designado.

Téñense por efectuadas as manifestacións contidas no “outrosí digo” do escrito e expídense os testemuños das sentenzas de contraste sinaladas que se unirán á peza separada do RCUD unha vez que se presente escrito de interposición.

Así mesmo, comunícase á recorrente que non é necesario presentar o comprobante do ingreso das taxas xudiciais ao interpor o recurso, ao non estar suxeito ao pagamento delas o recurso de casación para unificación de doutrina, segundo interpretación vinculante da Axencia Tributaria (consulta nº V3674-13).

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que contra a presente resolución non cabe recurso ningún, sen prexuízo de que a parte recorrida se poida opoñer á admisión do recurso ao comparecer ante o Tribunal Supremo.

Acórdoo e asínoo. Dou fe.

Letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Pescados Juan Fernández, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 24 de novembro de 2015

Letrada da Administración de xustiza