Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Mércores, 16 de decembro de 2015 Páx. 47084

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3699/2015).

Tipo e número de recurso: RSU. Recurso de suplicación 3699/2015-MJC

Xulgado de orixe/autos: conflitos colectivos 454/2014. Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

Recorrente: Fundosa Lavanderías Industriales, S.A.

Avogado: Luis Alonso Cristobo

Recorridos: Unión Xeral de Traballadores (UGT), Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), Sindicato Nacional de CC.OO. de Galicia, Unión Sindical Obreira (USO), Confederación Intersindical Galega, Javier Sixto Guerra, Francisco Javier Vidal Seijo

Avogados: Pedro Blanco Lobeiras, Natalia Erviti Álvarez

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3699/2015 desta sala, seguido por instancia da empresa Fundosa Lavanderías Industriales, S.A. contra Unión Xeral de Traballadores (UGT), Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), Sindicato Nacional de CC.OO. de Galicia, Unión Sindical Obreira (USO), Confederación Intersindical Galega, Javier Sixto Guerra, Francisco Javier Vidal Seijo, sobre conflito colectivo, se ditou a seguinte resolución:

Que, desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual da empresa demandada, contra a Sentenza do 13.5.2015, ditada polo Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, en Autos 454/2014, confirmamos a sentenza impugnada.

No se fai imposición de custas a teor do establecido no artigo 235.2 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social, por non se daren os requisitos exixidos nel.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Sala do Social.

Modo de impugnación. Fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes ao da data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 35, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo Observacións ou Concepto da transferencia os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

Para que así conste para efectos da súa publicación no DOG co fin de que sirva de notificación en forma a Javier Sixto Guerra, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou se se trata de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 25 de novembro de 2015

A letrada da Administración de xustiza