Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Luns, 14 de decembro de 2015 Páx. 46778

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela

EDICTO (115/2015).

Eu, Cristina Cao Sánchez, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela, fai saber que no presente procedemento de divorcio seguido por instancia de Jesús Fontao Mosteiro fronte a Paula Andrea Rueda se ditou sentenza, cuxa resolución é do teor literal seguinte:

«Resolución:

Que estimando integramente a demanda de divorcio interposta pola procuradora Sra. Rama Rivera, en nome e representación de Jesús Fontao Mosteiro, asistido da letrada Sra. Estévez Rodríguez, fronte a Paula Andrea Rueda, maior de idade, sinalada en autos, con DNI 46291401, declarada en rebeldía procesual, e sen intervención do Ministerio Fiscal ao non concorreren fillos menores de idade ou incapaces no citado matrimonio, debo decretar e decreto o divorcio do matrimonio contraído por ambos os litigantes con data do 7 de outubro de 2004 en Teo, inscrito no Rexistro Civil desta localidade no tomo 41, páxina 363, por concorrer a causa prevista no artigo 86.1 do Código civil, transcorridos máis de tres meses de matrimonio.

En canto sexa firme a presente resolución, remítanse os oportunos oficios para as procedentes anotacións rexistrais.

Non procede efectuar especial pronunciamento sobre as custas do presente proceso.

Esta resolución non é firme e contra ela cabe interpor recurso de apelación nos prazos e termos previstos na vixente Lei de axuizamento civil para a súa resolución pola Audiencia Provincial da Coruña (artigos 458 e 776 da Lei de axuizamento civil), logo de consignación do depósito previsto na disposición adicional 15º da LOPX.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo, Roberto Soto Sola, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia número 6 desta localidade e o seu partido xudicial».

Publicación. A anterior resolución leuna e publicouna en audiencia pública o xuíz que a ditou, no día da data, dou fe.

E encontrándose a dita demandada, Paula Andrea Rueda, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2015

A secretaria xudicial