Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Luns, 14 de decembro de 2015 Páx. 46780

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 do Barco de Valdeorras

EDICTO (57/2013).

María Jesús da Silva Fernández, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 do Barco de Valdeorras, polo presente anuncio:

No presente procedemento seguido por instancia de María del Carmen Rey Álvarez e Emilio Corzo López fronte a Great Time, S.L., Banco Bilbao Vizcaya (BBV) ditouse sentenza, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«No Barco de Valdeorras o dez de xaneiro de dous mil catorce.

Fernando Barcia González, xuíz de Primeira Instancia número 1 do Barco de Valdeorras, despois de ver os autos que se seguen neste xulgado co número da marxe por instancia de María del Carmen Rey Álvarez e Emilio Corzo López, representados pola procuradora dos tribunais María del Carmen González Carro e asistidos de letrado colexiado, contra as entidades Great Time, S.L. e Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, S.A., a primeira en situación de rebeldía procesual e a segunda representada polo procurador José Antonio Martínez Rodríguez e defendida por letrado colexiado, no exercicio de acción de nulidade contractual, fixando a contía en 11.720,16 euros».

«Que debo de estimar e estimo parcialmente a demanda interposta por instancia de María del Carmen Rey Álvarez e Emilio Corzo López, representados pola procuradora dos tribunais María del Carmen González Carro, contra as entidades Great Time, S.L. e Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, S.A., a primeira en situación de rebeldía procesual e a segunda representada polo procurador José Antonio Martínez Rodríguez, no exercicio de acción de nulidade contractual, e debo declarar a nulidade do contrato de aproveitamento por quendas de bens inmobles subscrito entre os devanditos demandantes e a entidade Great Time, S.L., o 30.7.2000, como igualmente a nulidade do contrato de préstamo vinculado ao contrato principal, celebrado entre os mencionados demandantes e a entidade BBVA, S.A., o 18.8.2000, e en virtude da nulidade acordada, condénase a ambas as entidades demandadas conxunta e solidariamente ao aboamento aos demandantes da cantidade de 10.770,94 euros, máis os xuros legais desde o día 18.3.2013, debendo satisfacer cada parte as custas xeradas pola súa instancia e as comúns por metade.

Notifíquese ás partes a presente sentenza, que non é firme, e contra a que poderá interpoñerse, no prazo de vinte días seguintes á súa notificación, recurso de apelación».

E encontrándose a devandita demandada, Great Time, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a esta.

O Barco de Valdeorras, 2 de abril de 2014

A secretaria xudicial