Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Luns, 14 de decembro de 2015 Páx. 46819

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

EDICTO do 20 de novembro de 2015, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a resolución do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado O Seixo, a favor dos veciños do Seixo, no concello do Bolo (Ourense).

En cumprimento do disposto no artigo 28 do regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 60.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, faise público que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión que tivo lugar con data do 4 de novembro de 2015, adoptou a seguinte resolución:

Unha vez examinado o expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado O Seixo, a favor dos veciños do Seixo, no concello do Bolo (Ourense), resultan os seguintes feitos:

Primeiro. Con data do 3 de abril de 2012 tivo entrada no Rexistro da Xefatura Territorial de Ourense da Consellería do Medio Rural un escrito dirixido ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Arsenio González González, no cal solicita a clasificación como veciñal en man común de varias parcelas denominadas O Seixo.

Segundo. Con data do 5 de novembro de 2014, o Xurado Provincial acorda iniciar o expediente de clasificación como veciñal en man común do referido monte, designa instrutor e realiza as comunicacións e publicacións a que fan referencia os artigos 20, 21 e 23 do regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, abrindo un período dun mes para a práctica de alegacións.

Terceiro. En cumprimento do artigo 21 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, solicitouse certificación ao Rexistro da Propiedade dos asentos que puidesen afectar os terreos reclamados polos veciños do Seixo. Para tales efectos, con data do 4 de xuño de 2015 emítese certificación na cal se pon en coñecemento do Xurado unha inscrición dun predio do ano 1896 que podería presentar similitudes cos terreos obxecto de clasificación. Remitida a citada certificación ao Servizo de Montes, con data do 14 de outubro de 2015 comunícase que a parcela número 1 de 315,35 hectáreas coincide sensiblemente coa finca xa inscrita no Rexistro da Propiedade, polo que non resultaría clasificable como veciñal en man común.

O Xurado, unha vez examinada a documentación que consta no expediente, considera que non quedou acreditado o carácter consuetudinario da parcela que consta como número 1 no acordo de inicio, polo que non procede a clasificación como veciñal en man común duns terreos que xa foron adquiridos no ano 1896 en concepto de compra proindiviso. No que respecta ás demais parcelas solicitadas, o Xurado acorda a súa clasificación.

Cuarto. O monte obxecto de clasificación, de acordo coa documentación que consta no expediente, descríbese así:

Concello: O Bolo.

Denominación do monte: O Seixo.

Comunidade veciñal solicitante: veciños do Seixo.

Superficie total: 26,01 ha segundo datos catastrais.

Superficie total de encravados dentro do monte O Seixo: 0,05 ha.

A superficie que se vai clasificar, denominada O Seixo, está formada por sete parcelas catastrais separadas entre elas e como a seguir se relaciona:

– Parcela nº 1 (A Poula e Chaira): 1,23 ha

Concello

Datos catastrais

Superficie para clasificar (m2)

Polígono

Parcela

Lugar

Superficie

catastral (m2)

O Bolo

6

16

Chaira

11.508

11.508

155

A Poula

727

727

Superficie total que se vai clasificar na parcela nº 1

12.235 m2

1,23 ha

– Parcela nº 2 (Valdoso e outros): 14,96 ha

Concello

Datos catastrais

Superficie para clasificar

Polígono

Parcela

Lugar

Superficie catastral (m2)

O Bolo

9

528

A Quinchousa

5.647

5.647

740

Pena Pechada

3.274

3.274

835

Valdoso

23.480

23.480

836

Valdoso

107.498

107.498

786

O Castelo

9.195

9.195

9003*

Camiño rural

2.207

509

Superficie total que se vai clasificar na parcela nº 2

149.603 m2

14,96 ha

– Parcela nº 3 (O Castelo): 0,54 ha

Concello

Datos catastrais

Superficie para clasificar (m2)

Polígono

Parcela

Lugar

Superficie catastral (m2)

O Bolo

9

804

O Castelo

5.399

5.399

Superficie total que se vai clasificar na parcela nº 3

5.399 m2

0,54 ha

– Parcela nº 4 (Valdoso): 8,89 ha

Concello

Datos catastrais

Superficie para clasificar (m2)

Polígono

Parcela

Lugar

Superficie catastral (m2)

O Bolo

9

36

Valdoso

13.008

13.008

3

Valdoso

75.883

75.883

Superficie total que se vai clasificar na parcela nº 4

88.891 m2

8,89 ha

– Parcela nº 5 (Sardueira): 0,08 ha

Concello

Datos catastrais

Superficie para clasificar (m2)

Polígono

Parcela

Lugar

Superficie catastral (m2)

O Bolo

1

160

Sardueira

821

821

Superficie total que se vai clasificar na parcela nº 5

821 m2

0,08 ha

– Parcela nº 6 (Sardueira): 0,14 ha

Concello

Datos catastrais

Superficie para clasificar (m2)

Polígono

Parcela

Lugar

Superficie catastral (m2)

O Bolo

1

219

Sardueira

1.400

1.400

Superficie total que se vai clasificar na parcela nº 6

1.400 m2

0,14 ha

– Parcela nº 7 (A Costa): 0,17 ha

Concello

Datos catastrais

Superficie para clasificar (m2)

Polígono

Parcela

Lugar

Superficie catastral (m2)

O Bolo

2

23

A Costa

1.393

1.393

31

A Costa

315

315

Superficie total que se vai clasificar na parcela nº 7

1.708 m2

0,17 ha

Encravados:

– Na parcela nº 5

Concello

Encravados

Datos catastrais

Polígono

Parcela

Superficie
catastral (m2)

O Bolo

F

9

761

535

Superficie total de encravados na parcela nº 5

535 m2

0,05 ha

Fundamentos de dereito:

Primeiro. O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común é o órgano competente para coñecer os expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter, de acordo co establecido no artigo 9 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Segundo. De conformidade co disposto no artigo 1 da devandita lei, son montes veciñais en man común... os que, con independencia da súa orixe, as súas posibilidades produtivas, o seu aproveitamento actual e a súa vocación agraria, pertenzan a agrupacións veciñais, na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e se veñan aproveitando consuetudinariamente en réxime de comunidade sen asignación de cotas polos membros daquelas na súa condición de veciños.

Terceiro. É reiterada doutrina da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo que son dúas as notas características dos montes veciñais en man común: unha, o aproveitamento consuetudinario en man común e, outra, a atribución da titularidade dese aproveitamento aos veciños integrantes dun grupo social determinado, independentemente da súa cualificación ou non como entidade administrativa. Correspóndelle constatar o aproveitamento e atribuír a titularidade a favor do grupo social que o veña gozando ao Xurado Provincial de Clasificación.

Cuarto. O carácter de monte veciñal en man común foi acreditado mediante as testemuñas dos veciños solicitantes, as actuacións realizadas polo Servizo de Montes e a documentación que consta no expediente.

En consecuencia co que antecede, examinada a Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o seu regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro; o Decreto 166/2015, do 13 de novembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural e demais normativa legal e regulamentaria, o Xurado Provincial por unanimidade dos seus membros,

RESOLVE:

Clasificar como monte veciñal en man común o monte denominado O Seixo, a favor dos veciños do Seixo, no concello do Bolo (Ourense), de acordo coa descrición realizada no feito cuarto.

Contra esta resolución, que pon fin a vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto no artigo 12 da citada Lei 13/1989, nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa

Ourense, 20 de novembro de 2015

Yago Borrajo Sánchez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais
en Man Común de Ourense