Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Luns, 14 de decembro de 2015 Páx. 46825

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 25 de novembro de 2015, da Dirección Xeral de Ordenación e Produción Forestal, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia do apercibimento previo á imposición de multas coercitivas do expediente sancionador MON-CO-0073/2013-CAF.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, emprázase o interesado que se sinala no anexo deste anuncio para ser notificado por comparecencia.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para comparecer se computará desde esa publicación.

A persoa interesada poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles, nas oficinas da Dirección Xeral de Ordenación e Produción Forestal, Servizo de Xestión Forestal, situadas na rúa San Lázaro, s/n, 1º andar, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do mencionado apercibimento previo e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2015

Tomás Fernández-Couto Juanas
Director xeral de Ordenación e Produción Forestal

ANEXO

Expediente: MON-CO-0073/2013-CAF.

Interesado: José Basante Martelo.

Acto de notificación: apercibimento previo á imposición de multas coercitivas.

Último enderezo coñecido: Vilanova-Os Ánxeles, Brión, A Coruña.