Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Luns, 14 de decembro de 2015 Páx. 46817

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, pola que se fai pública a formalización do contrato dun servizo de fabricación, personalización, impresión e envío de documentos de identificación bovina (DIB) (expediente 34/2015).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo de fabricación, personalización, impresión e envío de documentos de identificación bovina (DIB).

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23136

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 144, do 31 de xullo de 2015.

e) División por lotes e número: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e documentalmente simplificado. Procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento de licitación.

Importe neto: 112.385,00 €, IVE (21 %): 23.600,85 €. Importe total: 135.985,85 €.

Valor estimado: 186.186 €.

5. Financiamento: fondos propios.

6. Adxudicación e formalización do contrato.

a) Data da resolución de adxudicación: 16 de outubro de 2015.

b) Adxudicataria: Delion Communications, S.L.U.

c) Importe: 58.217,90 € (sen IVE) IVE 21 %: 12.225,76 €. Importe total: 70.443,66 €.

d) Data de formalización do contrato: 29 de outubro de 2015.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: prezo máis baixo (único criterio) recollido no prego.

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2015

María del Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural