Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Xoves, 10 de decembro de 2015 Páx. 46260

III. Outras disposicións

Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia

RESOLUCIÓN do 19 de outubro de 2015 pola que se aproba a convocatoria ordinaria para solicitar a avaliación previa á asignación das retribucións adicionais relativas ao complemento de recoñecemento á excelencia curricular e se abre o prazo para a presentación de solicitudes.

O Decreto 55/2004, do 4 de marzo, polo que se establecen as retribucións adicionais vinculadas a méritos individuais docentes, investigadores e de xestión do profesorado universitario, establece no seu articulado a necesidade da aprobación dun protocolo de avaliación por parte da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG), como órgano encargado de realizar a valoración previa da actividade docente, investigadora e de xestión necesaria para a asignación das retribucións adicionais reguladas polo mencionado decreto.

Por Resolución do 10 de decembro de 2008, da Dirección Xeral de Ordenación e Calidade do Sistema Universitario de Galicia, publícase o convenio de colaboración entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, a Consellería de Innovación e Industria, a Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade da Coruña e a Universidade de Vigo, polo que se modifica o convenio do 30 de xaneiro de 2001 para a creación do Consorcio Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (DOG do 20 de xaneiro de 2009). A disposición transitoria terceira do citado convenio establece que, en canto a Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación (CGIACA) non adopte os procedementos e protocolos de avaliación, informe, certificación, acreditación e verificación a que fai referencia o artigo 23 dos estatutos, seguiranse aplicando os establecidos polas normas en vigor, no que non contradigan o establecido pola Lei orgánica 6/2001, de universidades, na súa redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, pola que se modifica a anterior.

De acordo co anterior, a avaliación das actividades docentes e investigadoras, previa á asignación das retribucións adicionais vinculadas ao recoñecemento da excelencia curricular docente e investigadora dos profesores pertencentes ao Sistema Universitario de Galicia, levarase a cabo de acordo co disposto na Orde do 16 de outubro de 2006, pola que se publica o protocolo de avaliación elaborado pola CGIACA, relativo aos criterios e méritos de valoración e aos procedementos para solicitar a valoración previa e asignación dos complementos de recoñecemento á excelencia curricular docente e investigadora, e de recoñecemento polos cargos de xestión (DOG do 26 de outubro).

De acordo co establecido no artigo 5.2 da devandita orde, por acordo da CGIACA do 13 de outubro de 2015 establecéronse os méritos que poderán ser obxecto de valoración adicional, e que se incorporan á presente resolución como anexos I e II.

De conformidade co establecido na citada Orde do 16 de outubro de 2006, o Consello de Dirección da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, convocará mediante resolución a apertura do prazo para a presentación de solicitudes para a asignación dos complementos retributivos.

Por Resolución do 21 de setembro de 2006 (DOG do 3 de outubro) publícanse os acordos do Consello de Dirección da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, polos que se delega na súa Presidencia a realización das convocatorias anuais de valoración previa á asignación de complementos retributivos, polo que, en virtude das citadas competencias delegadas,

RESOLVO:

Primeira. Obxecto

Aprobar a convocatoria ordinaria e abrir o prazo de presentación de instancias, para solicitar a valoración previa á asignación das retribucións adicionais relativas ao complemento de recoñecemento á excelencia curricular docente e investigadora establecido no artigo 2.3 do Decreto 55/2004, do 4 de marzo, polo que se establecen as retribucións adicionais vinculadas a méritos adicionais docentes, investigadores e de xestión do profesorado universitario.

Segunda. Destinatarios

De conformidade co disposto no artigo 1 do Decreto 55/2004, do 4 de marzo, polo que se establecen as retribucións adicionais vinculadas a méritos adicionais docentes, investigadores e de xestión do profesorado universitario, poderá solicitar a valoración previa á asignación das retribucións adicionais sinaladas na base anterior, o persoal docente e investigador das universidades públicas que compoñen o Sistema Universitario de Galicia (SUG).

Terceira. Requisitos

De conformidade co citado artigo 1 do Decreto 55/2004, do 4 de marzo, o artigo 6.3 da mesma disposición, así como co disposto polo artigo 2.1 da Orde do 16 de outubro de 2006, pola que se publica o protocolo de avaliación elaborado pola Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación (CGIACA), relativo aos criterios e méritos de valoración previa e asignación dos complementos de recoñecemento á excelencia curricular docente e investigadora, e de recoñecemento polos cargos de xestión, para obter a valoración, será necesario:

1. Estar integrado no cadro do persoal docente e investigador, como funcionario ou como contratado doutor, de calquera das universidades públicas de Galicia.

Cando o persoal docente e investigador que, cumprindo todos os requisitos para a solicitude do complemento, se atope en situación de servicios especiais ou comisión de servizos, poderá presentar igualmente solicitude para a avaliación do período convocado. Non obstante, os efectos económicos resultantes da devandita avaliación iniciaranse no momento da reincorporación ao seu posto na correspondente institución universitaria.

2. Que a praza do solicitante sexa fixa e estable, tendo superado o correspondente proceso de concurso-oposición establecido na lei.

3. Acreditar polo menos un ano de servicio na súa praza, cumprido en 31 de decembro de 2014.

4. Ter recoñecidos, con efectos do 31 de decembro de 2014, dous quinquenios de docencia pola Universidade.

5. Ter recoñecido, con efectos do 31 de decembro de 2014, un sexenio de investigación pola Comisión Nacional Avaliadora da Actividade Investigadora (CNEAI).

6. Valoración positiva dos méritos en que se sustente a solicitude, pola Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, de acordo co protocolo de avaliación aprobado para o efecto pola Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación na Orde do 16 de outubro de 2006.

Cuarta. Período de avaliación

1. Os méritos que se valoran, de entre os aprobados pola CGIACA e recollidos nos anexos I e II da presente resolución, estarán comprendidos no período 2010-2014.

Con carácter excepcional, os solicitantes que durante o devandito período desfrutasen de permisos de baixa maternal ou paternal, poderán incorporar méritos realizados ao longo dun intervalo temporal idéntico ao de duración da baixa e inmediatamente anterior ao inicio do período de avaliación da presente convocatoria. Neste caso, será necesario incorporar xustificación do goce do referido permiso.

2. De acordo co establecido no artigo 4.3 da Orde do 16 de outubro de 2006, transcorridos un mínimo de tres anos desde a obtención da avaliación e sempre que nese período obtivesen un novo tramo docente ou de investigación, os interesados poderán solicitar unha reavaliación. Para estes efectos, os méritos valorables estarán comprendidos igualmente no período 2010-2014. Esta nova avaliación substituirá, para todos os efectos, a anteriormente acadada.

Quinta. Formalización e presentación das solicitudes

1. Os solicitantes deberán cubrir telematicamente a instancia e a relación de méritos, nos modelos dispoñibles na aplicación informática (anexos III e IV), á cal se poderá acceder a través da páxina web www.acsug.es. Non se valorarán os méritos que non fosen incorporados telematicamente.

2. Unha vez cubertos os impresos (anexos III e IV) telematicamente, deberán imprimirse e presentarse nos lugares sinalados no número 4, debidamente asinados.

3. Xunto cos impresos sinalados no número anterior (anexos III e IV) e sempre que estes non fosen remitidos telematicamente a través da plataforma informática, deberá presentarse en soporte dixital (DVD, CD-ROM, lapis de memoria) a documentación que se relaciona a seguir:

– DNI ou documento equivalente, no caso de non prestar autorización á ACSUG para consulta dos seus datos no Sistema de verificación de datos de identidade de conformidade co disposto no Decreto 255/2008, do 23 de outubro (DOG do 13 de novembro).

– Documentación acreditativa dos citados méritos curriculares presentados.

– Documentación acreditativa, se é o caso, do desfrute de permiso por baixa maternal no período 2010-2014.

Curriculum vitae completo en calquera dos formatos existentes (ANEP, Dirección Xeral I+D, etc.).

4. As solicitudes dirixiranse á Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG) e poderán presentarse na sede electrónica da Xunta de Galicia con domicilio https://sede.xunta.es e, de xeito presencial, en calquera dos rexistros relacionados no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, así como nos rexistros de calquera das universidades integrantes do Sistema Universitario de Galicia.

Sexta. Modelos normalizados

A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Sétima. Consentimentos e autorizacións

A tramitación do procedemento require a incorporación de datos en poder das administracións públicas. Por tanto, os modelos de solicitude incluirán autorizacións expresas ao órgano xestor para realizar as comprobacións oportunas que acrediten a veracidade dos datos. No caso de que non se autorice o órgano xestor para realizar esta operación, deberán achegarse os documentos comprobantes dos datos, nos termos exixidos polas normas reguladoras do procedemento.

Oitava. Prazo

O prazo para presentar as instancias para solicitar a asignación das retribucións adicionais relativas ao complemento de recoñecemento á excelencia curricular docente e investigadora será de 30 días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Novena. Admisión a trámite e emenda das solicitudes

1. A ACSUG comprobará que as solicitudes presentadas en prazo cumpran cos requisitos establecidos pola Orde do 16 de outubro de 2006 e demais normativa de aplicación necesarios para admitilas a trámite.

2. A emenda dos defectos apreciados na documentación entregada deberana realizar os interesados no prazo de 10 días hábiles a partir do día seguinte á notificación do requirimento de emenda, consonte o disposto no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. No caso de non atender o devandito requirimento, entenderase que desisten da súa petición.

3. Unha vez rematado o prazo para a presentación de solicitudes, non se admitirá ningunha documentación xustificativa dos méritos curriculares alegados. As correspondentes avaliacións faranse consonte os xustificantes dos méritos que achegasen os interesados ata ese momento.

4. Sen prexuízo do disposto no parágrafos anteriores, a ACSUG, poderá comprobar os datos alegados, así como aqueles datos académicos e de investigación relevantes para a avaliación, solicitando información para tal efecto ás distintas institucións implicadas. Do mesmo xeito, a ACSUG poderá requirir dos solicitantes as aclaracións e concrecións que considere oportunas en relación cos méritos alegados.

Décima. Procedemento

O procedemento para a tramitación das solicitudes farase de conformidade co regulado na Orde do 16 de outubro de 2006.

Décimo primeira. Acordos de avaliación

1. De conformidade co establecido no artigo 22 dos estatutos da ACSUG, corresponde á CGIACA a competencia para a emisión das avaliacións a que se fai referencia na base primeira.

2. Os acordos de valoración adoptados pola CGIACA serán notificados a cada solicitante persoal e directamente nos cinco meses seguintes ao peche do prazo de presentación de solicitudes, sen prexuízo do disposto na disposición adicional vixésimo primeira da Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, pola que se modifica a Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades (BOE do 13 de abril). Transcorrido este prazo sen que se dite resolución expresa, os/as interesados/as poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo.

3. Sen prexuízo do establecido no parágrafo anterior, os acordos de valoración adoptados, cando resulten positivos, serán notificados directamente pola ACSUG ás correspondentes universidades, para os seus consellos sociais, procedan, se for o caso, á asignación singular e individual dos referidos complementos.

Décimo segunda. Recurso

1. Os acordos adoptados pola CGIACA esgotan a vía administrativa polo que, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, poderán ser impugnados en reposición ante o mesmo órgano que os ditou ou ser impugnados directamente perante a xurisdición contencioso-administrativa, consonte o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

2. Quen desexe interpoñer un recurso de reposición poderao facer desde a mesma aplicación informática en que formalizou a súa solicitude. Este recurso, unha vez cuberto telematicamente, deberá imprimirse, asinarse e presentarse en calquera dos rexistros indicados no artigo 38.4 da Lei 30/1992.

Décimo terceira. Efectos económicos

1. Os membros dos órganos da ACSUG non poderán solicitar a renovación do complemento mentres se manteñan no desempeño dos seus cargos, polo que se prorrogarán os efectos económicos íntegros do complemento que tivesen recoñecidos ata que se produza o seu cesamento. Producido este, deberán presentarse á reavaliación na primeira convocatoria publicada.

2. Cando, de conformidade co disposto na base anterior, se proceda á asignación do complemento de recoñecemento á excelencia curricular, o pagamento das correspondentes retribucións farase con efectos do 1 de xaneiro de 2015 e nas cantidades establecidas na Lei 11/2014, do 19 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2015.

Décimo cuarta. Protección de datos de carácter persoal

Na presente convocatoria cúmprese co indicado na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal (BOE nº 298, do 14 de decembro), poñendo en coñecemento dos interesados o dereito de acceso, rectificación, cancelación e oposición ao tratamento dos seus datos persoais, que poderán exercer mediante escrito dirixido á Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia. Lamas de Abade, s/n, C.I.F.P. Compostela, 5º andar, 15702 Santiago de Compostela (A Coruña) ou a través do enderezo electrónico acsug@acsug.es

Décimo quinta. Entrada en vigor

A presente resolución producirá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2015

María Patrocinio Morrondo Pelayo
Presidenta do Consello de Dirección da Axencia para a Calidade
do Sistema Universitario de Galicia

anexo i
Méritos da actividade docente
Período 2010-2014

Puntuación máxima:

por ítem

Puntuación máxima:

por tipo

1. Amplitude, intensidade e tipo de docencia no período de cinco anos avaliado (docencia en diplomatura, licenciatura, grado, posgrao, doutoramento ou equivalentes: máx. 10; tipo de docencia: teórica, práctica, dirección de TFG e outras actividades docentes EEES recollidas en POD: máx. 15; diversidade de materias e outras actividades docentes (como por exemplo dirección de TFM, etc.): máx. 10

35

35

2. Creación de materiais docentes para a docencia universitaria: manuais, unidades didácticas, libros, capítulos de libros, artigos relacionados directamente coa docencia, traducións, software e outro material para a docencia

20

30

3. Implicación na mellora da actividade docente universitaria1:

30

a) Coordinación de curso

10

b) Coordinación de grao ou equivalente

15

c) Coordinación máster ou equivalente

20

d) Coordinación programas de doutoramento

20

e) Plan de acción titorial

10

f) Responsable de calidade de centro (PRCC)

10

4. Participación en actividades de formación:

4.1. Actividades de formación docente

30

a) Dirección de cursos de formación docente de, polo menos, 20 horas

5

b) Impartición de cursos de formación docente de, polo menos, 4 horas

10

c) Asistencia a cursos de formación docente de, polo menos, 8 horas

5

15

4.2. Actividades de formación investigadora

a) Teses de doutoramento dirixidas e defendidas2

20

40

b) Impartición de cursos de formación de investigadores

15

15

5. Actividades de prácticas externas e mobilidade

30

5.1. Coordinación e titorización de programas de prácticas en empresas e institucións (regulados mediante convenios ou certificación de órgano colexiado académico)1

15

15

5.2. Coordinación e titorización de proxectos de intercambio de estudantes: Erasmus, Erasmus Mundus, etc.1

15

15

5.3. Participación dos docentes en programas de intercambios internacionais
e/ou inter universitarios1

10

20

6. Participación en actividades de innovación docente:

30

6.1. Proxectos competitivos de innovación docente

15

6.2. Participación en comités de autoavaliación, comités externos de avaliación, comisións de normalización lingüística, comisións de avaliación do profesorado, grupos de innovación docente, etc., de relevancia docente1

10

7. Outras actividades relacionadas coa docencia:1

20

7.1. Premios e distincións relacionados coa actividade docente

10

7.2. Participación en actividades docentes por invitación

5

7.3. Redes docentes

10

7.4. Actividades de divulgación docente

5

7.5. Outras actividades

5

8. Actividades que fomenten o uso do galego na docencia universitaria3

***

***

9. Valoración da actividade docente universitaria4:

30

9.1. Opinión dos estudantes respecto á docencia impartida polo profesorado

Media superior a titulación e universidade

15

Media superior universidade

10

9.2. Valoración obtida no programa DOCENTIA5

Excelente

30

Notable

25

Aceptable

20

1 Sempre e cando o seu desempeño non sexa consecuencia da ocupación dun determinado cargo académico.

2 As teses de doutoramento poden ser incluídas tamén como méritos investigadores. O solicitante poderá decidir incluílas no punto de docencia ou no de investigación, pero en ningún caso poderán ser alegadas en ambos apartados polo mesmo solicitante, aínda tratándose de teses diferentes.

3 Tendo en conta que neste punto se poderán presentar méritos de diferentes tipos correspondentes a calquera dos puntos anteriores, o valor máximo será o que corresponda ao tipo de mérito alegado.

4 Deberá optarse por presentar as enquisas de estudantes ou a valoración obtida no programa DOCENTIA. En ningún caso se terán en conta ambos os méritos.

5 Só poderán achegar este mérito os solicitantes que obtivesen a avaliación dunha convocatoria posterior ao 18.5.2011, de xeito que se garanta que se cumpra cos requisitos establecidos no documento «Proceso de certificación dos modelos de avaliación da actividade docente do profesorado universitario (programa DOCENTIA)».

ANEXO II
Méritos da actividade investigadora e de transferencia do coñecemento
Período 2010-2014

Puntuación máxima:

por ítem

Puntuación máxima:

por tipo

1. Actividade investigadora

1.1. Teses de doutoramento dirixidas e defendidas1

20

40

1.2. Proxectos/convenios-contratos con empresas-institucións:

60

a) Proxectos competitivos de ámbito internacional

Dirección

30

Participación

15

b) Proxectos competitivos do plan nacional

Dirección

20

Participación

10

c) Redes de excelencia do plan nacional

Dirección/coordinación

20

Participación

10

d) Proxectos competitivos autonómicos

Dirección

15

Participación

10

e) Axudas á consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas do SUG

Dirección/coordinación

20

Participación

10

f) Coordinador Partner internacional

20

g) Convenios ou contratos con empresas ou institucións

Dirección

10

Participación

5

1.3. Participación en congresos, simposios ou equivalentes

20

a) Impartición de conferencias plenarias ou ponencias por invitación en congresos, simposios ou equivalentes

15

b) Outras intervencións relevantes

10

1.4. Organización da investigación:

40

a) Responsable de organización de eventos científicos e culturais de relevancia internacional (comité organizador será unha institución internacional ou de composición internacional)

15

b) Director, editor ou membro de comités de edición ou de redacción de revistas ou editoriais de ámbito internacional

15

c) Organización/dirección de expedicións científicas, escavacións arqueolóxicas relevantes, etc.

15

d) Premios e distincións relevantes relacionados coa actividade investigadora

15

e) Outros méritos de investigación

15

1.5. Mobilidade

Estadías de investigación en centros estranxeiros de prestixio (mínimo un mes)2

4 puntos por mes

20

1.6. Actividades que fomenten o uso do galego na investigación3

***

***

2. Transferencia e divulgación do coñecemento

2.1. Transferencias tecnolóxicas

15

2.2. Patentes recoñecidas

15

2.3. Comisario ou organizador de exposicións de relevancia estatal ou internacional

15

2.4. Informes relevantes

10

2.5. Estudos relevantes para o desenvolvemento social, económico, científico e cultural de Galicia

15

2.6. Creación de empresas de base tecnolóxica que supoñan transferencia de tecnoloxía

20

2.7. Divulgación do coñecemento

15

2.8. Conferencias e cursos de divulgación científica

5

10

2.9. Outros méritos de transferencia e divulgación do coñecemento

15

2.10. Actividades que fomentan o uso do galego na transferencia e divulgación do coñecemento3

***

***

1 As teses de doutoramento poden ser incluídas tamén como méritos investigadores. O solicitante poderá decidir incluílas no punto de docencia ou no de investigación, pero en ningún caso poderán ser alegadas en ambos os puntos polo mesmo solicitante, aínda tratándose de teses diferentes.

2 Neste punto poden incluírse a totalidade das estadías cunha duración mínima dun mes do período que se vai avaliar. A devandita suma computará como un só mérito.

3 Tendo en conta que neste punto se poderán presentar méritos de diferentes tipos correspondentes a calquera dos puntos anteriores, o valor máximo será o que corresponda ao tipo de mérito alegado.

missing image file
missing image file
missing image file