Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Xoves, 10 de decembro de 2015 Páx. 46308

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3454/2015).

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Sala do Social da Coruña

Tipo e nº de recurso: RSU. Recurso de suplicación 3454/2015-MRA

Xulgado de orixe/autos: despedimento/cesamentos en xeral 1231/2014. Xulgado do Social número 4 da Coruña

Recorrente: Francisco Sánchez Vilariño

Avogada: Cristina Gómez Lozano

Recorridos: Fogasa, Pezetace, S.L.

Avogado: Avogacía do Estado, Fogasa A Coruña

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3454/2015 desta sección, seguido por instancia de Francisco Sánchez Vilariño contra Fogasa, Pezetace, S.L., sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

Que desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual da demandante, contra a Sentenza do 30.3.2015, ditada polo Xulgado do Social número 4 da Coruña, en Autos 1231/2014, confirmamos a sentenza impugnada.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Sala do Social.

Modo de impugnación. Fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes ao da data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo Observacións ou Concepto da transferencia os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

Para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG co fin de que sirva de notificación en forma a Pezetace, S.L., coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que sexan autos ou sentenzas, ou se se trata de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 16 de novembro de 2015