Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Xoves, 10 de decembro de 2015 Páx. 46310

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2199/2014).

Tipo e número de recurso: RSU recurso suplicación 2199/2014-EV

Xulgado de orixe/autos: procedemento ordinario 490/2013 Xulgado do Social número 3 de Ourense

Recorrentes: María Aurora Dapena Estévez, María Jesús Señoráns Peña, Paula Míguez Ramilo

Avogada: Celia Pereira Porto

Recorridos: Consellería de Facenda, Concepción Sanmamed Sanmamed, María Rosa González Iglesias, Manuel del Rosario Fernández, María Mercedes Vázquez Saavedra

Avogados: letrado Comunidad, Pablo Guntiñas Fernández

M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no recurso de suplicación 2199/2014 desta sala, seguido por instancia de María Aurora Dapena Estévez, María Jesús Señoráns Peña e Paula Míguez Ramilo contra a Consellería de Facenda, Concepción Sanmamed Sanmamed, María Rosa González Iglesias, Manuel del Rosario Fernández e María Mercedes Vázquez Saavedra, sobre outros dereitos laborais, se ditou sentenza o 14 de outubro de 2015, cuxa parte dispositiva di:

Que, desestimando o recurso de suplicación interposto por María Jesús Señoráns Peña, María Aurora Dapena Estévez e Paula Míguez Ramilo, contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 3 de Ourense e xuízo seguido polas recorrentes contra a Consellería de Facenda, Concepción Sanmamed Sanmamed, María Rosa González Iglesias, Manuel del Rosario Fernández e María Mercedes Vázquez Saavedra, a sala confírmaa integramente.

E para que sirva de notificación en legal forma a María Mercedes Vázquez Saavedra, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 19 de novembro de 2015

A letrada da Administración de xustiza