Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Luns, 7 de decembro de 2015 Páx. 46009

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 7 de Vigo

EDICTO (724/2013).

Eu, Francisco Rascado González, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 7 de Vigo, fago saber que polo presente, anuncio:

No presente procedemento, seguido por instancia de Yenny Gándara Muíño fronte a Herederos Coffee Company, se ditou sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza.

Vigo, 29 de decembro de 2014.

Flora Lomo del Olmo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia número 7 de Vigo e o seu partido, viu os presentes autos de xuízo ordinario seguidos ante este xulgado baixo o número 724/2013, en que foi parte demandante Yenny Gándara Muíño, representada pola procuradora Paula Lima Casas, e parte demandada, Herederos Coffee Company.

Resolución.

Que estimando a demanda promovida pola procuradora Paula Lima Casas, en nome e representación de Yenny Gándara Muíño, fronte á entidade Herederos Coffee Company, debo condenar e condeno a esta á devolución á referida demandante dos bens mobles que se describen no feito primeiro da demanda, con imposición das custas causadas.

Modo de impugnación: recurso de apelación que se interporá ante o tribunal que ditase a resolución que se impugne, dentro do prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da notificación daquela.

Este recurso carecerá de efectos suspensivos, sen que en ningún caso proceda actuar en sentido contrario ao resolto (artigo 456.2 da LAC).

Conforme a D.A. décimo quinta da LOPX, para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, comunidade autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.

O depósito deberá constituílo ingresando a citada cantidade en Banesto, na conta deste expediente 3561-0000- indicando, no campo “concepto” a indicación “Recurso”, seguida do código “02 Civil-Apelación”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír, tras a conta referida, separados por un espazo, a indicación “recurso” seguida do código “02 Civil-Apelación”.

No caso de que deba realizar outros pagamentos na mesma conta, deberá verificar un ingreso por cada concepto, incluso se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando, neste caso, no campo observacións, a data da resolución impugnada co formato DD/MM/AAAA.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

A xuíza maxistrada».

E encontrándose o demandado, Herederos Coffee Company, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Vigo, 12 de febreiro de 2015

O secretario xudicial