Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Luns, 7 de decembro de 2015 Páx. 46011

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Viveiro

EDICTO (18/2015).

Eu, Marta Berta García Roces, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Viveiro, fago saber que no presente procedemento exequátur número 18/2015, seguido por instancia de José Antonio Bustabad Rico fronte a María Isabel Peña, se ditou o auto 88/2015, que pon fin ao procedemento, do cal, de entre outros pronunciamentos, se deberá publicar o seguinte extracto, tal e como establece o artigo 497.2 da Lei de axuizamento civil:

«Auto número 88/2015.

Viveiro, 6 de maio de 2015.

Feitos.

Primeiro. O procurador de José Antonio Bustabad Rico, na representación que exerce, formulou petición de recoñecemento de sentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia de 12ª quenda de Montevideo, Uruguai, con data do 16 de marzo de 1982, para que a dita sentenza poida ser cumprida e, de ser o caso, executada en España. Tras a cita de feitos e fundamentos que considerou de aplicación, rematou suplicando ao xulgado que ditase auto polo cal se outorgue o recoñecemento da sentenza estranxeira referida.

Segundo. Admitida a trámite a petición por medio de providencia do 3 de febreiro de 2014, deuse traslado ao Ministerio Fiscal e ao solicitado, por termo de 9 días, para alegacións. Por medio de escrito do 6 de abril de 2015, o Ministerio Fiscal manifestou non oporse ao recoñecemento. Transcorrido o prazo sen que María Isabel Peña alegase en canto ao recoñecemento, quedaron os autos vistos para resolver.

Parte dispositiva.

Acordo o recoñecemento da sentenza estranxeira ditada polo Xulgado de Primeira Instancia de 12ª quenda de Montevideo, Uruguai, con data do 16 de marzo de 1982 e, en consecuencia, homologo a declaración de disolución por divorcio do matrimonio formado por José Antonio Bustabad Rico e María Isabel Peña, e os demais pronunciamentos contidos na referida resolución, cuxo texto queda unido aos autos.

Comuníquese a presente resolución ao Rexistro Civil Central do Ministerio de Xustiza español.

Notifíquese a presente resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal e indíqueselles que contra ela non cabe ningún recurso.

Así o acorda, manda e asina Vanessa Mª Formoso Castro, xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 desta vila. Dou Fe».

E ao estar en paradoiro descoñecido María Isabel Peña, expídese este edicto co fin de que sirva de notificación en forma á parte demandada.

Viveiro, 7 de maio de 2015

A secretaria xudicial