Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Venres, 4 de decembro de 2015 Páx. 45768

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 1 de decembro de 2015 pola que se dá publicidade á resolución de concesión das axudas do Igape á promoción conxunta en mercados exteriores (Plan Primex).

Mediante a Resolución do 24 de xullo de 2015 publicouse o acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica que aprobou as bases reguladoras das axudas do Igape á promoción conxunta en mercados exteriores (Plan Primex) (DOG núm. 141, do 28 de xullo) e procedeuse á súa convocatoria para o exercicio 2015 en réxime de concorrencia competitiva.

As ditas bases establecen no seu artigo 10.6 que, con carácter xeral, non se enviarán notificacións individuais da resolución e a notificación individual substitúese pola publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Igape no enderezo www.tramita.igape.es, ao cal se remitirá desde o texto publicado no DOG.

Na súa virtude e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Primeiro. Anunciar a publicación do texto completo da Resolución definitiva do 30 de novembro de 2015 de concesión das axudas do Igape á promoción conxunta en mercados exteriores (Plan Primex) no enderezo www.tramita.igape.es (epígrafe «Consulta de resolucións definitivas» http://www.igape.es/gl/oficina-virtual/resolucions-definitivas).

Segundo. A Resolución definitiva do 30 de novembro de 2015 esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Non obstante, previamente poderá interpoñer recurso de reposición ante a persoa titular da Dirección Xeral do Igape, dentro do prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2015

Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica