Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Venres, 4 de decembro de 2015 Páx. 45769

III. Outras disposicións

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 2015 pola que se modifica a oferta de emprego público (OPE) do persoal docente e investigador para o ano 2015.

Por Resolución do 18 de marzo de 2015 (DOG do 31 de marzo), modificada por Resolución do 26 de maio (DOG do 2 de xuño de 2015), publicouse a oferta de emprego público (OPE) do persoal docente e investigador da Universidade da Coruña para o ano 2015.

Por Real decreto lei 10/2015, do 11 de setembro, polo que se conceden créditos extraordinarios e suplementos de crédito no orzamento do Estado e se adoptan outras medidas en materia de emprego público e de estímulo á economía, modifícase o artigo 62.2 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, habilitando con iso a posibilidade de que as universidades convoquen, das prazas correspondentes á taxa de reposición, outras prazas de promoción interna para o acceso ao corpo de catedráticos de universidade, sempre que estean estas dotadas no orzamento de gastos.

Á vista desta habilitación legal, o Consello de Goberno da Universidade da Coruña, na súa sesión do 27 de outubro de 2015, acordou someter a informe da Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos da Consellería de Facenda da Xunta de Galicia a ampliación da oferta de emprego público de 2015.

Con data do 5 de novembro de 2015, a Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos autoriza a Universidade da Coruña para ofertar unha praza do corpo de catedráticos de universidade, polo sistema de promoción interna, con cargo á súa oferta de emprego público do ano 2015.

En consecuencia, esta reitoría resolve ampliar a oferta de emprego público do persoal docente e investigador da Universidade da Coruña para o ano 2015 nos seguintes termos:

– Promoción interna: corpo de catedráticos de universidade: unha praza.

A Coruña, 25 de novembro de 2015

Xosé Luís Armesto Barbeito
Reitor da Universidade da Coruña