Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Venres, 4 de decembro de 2015 Páx. 45770

III. Outras disposicións

Xunta Electoral Provincial da Coruña

ACORDO do 3 de decembro de 2015, do presidente da Xunta Electoral Provincial da Coruña, para dar cumprimento ao previsto no punto quinto da Instrución 4/2011, do 24 de marzo, da Xunta Electoral Central (Boletín Oficial del Estado número 74, do 28 de marzo), de interpretación do artigo 66 da LOREX no relativo a recursos contra os plans de cobertura informativa da campaña electoral.

«En cumprimento do previsto no punto quinto da Instrución 4/2011, do 24 de marzo, da Xunta Electoral Central, de interpretación do artigo 66 da Lei orgánica do réxime electoral xeral (LOREX), no relativo a recursos contra os plans de cobertura informativa da campaña electoral, disponse a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da comunicación do director xeneral da Compañía Radio Televisión de Galicia, de 2.12.2015, en relación co Acordo adoptado polo Consello de Administración da mesma data polo que se aproba o plan de cobertura da Televisión de Galicia, S.A. e da Radio Galega relativo ás eleccións ao Congreso dos Deputados e ao Senado convocadas para o 20 de decembro de 2015, que inclúe a previsión de debates e entrevistas que se celebrarán coas forzas políticas, que emitirán ambos os medios, con indicación da data e da hora de emisión, entidades políticas ás cales se invita e a súa duración, os programas específicos de natureza electoral e criterios sobre a información específica relativa á campaña electoral.

De conformidade co establecido na mencionada instrución, as entidades políticas afectadas poderán examinar a devandita programación nas dependencias desta Xunta Electoral Provincial, no prazo preclusivo dun día desde a publicación do acordo, e formular as reclamacións ou os recursos que consideren pertinentes».

O presente acordo publícase no Diario Oficial de Galicia en virtude do disposto no artigo 18.6 da LOREX e no punto quinto da Instrución 4/2011.

A Coruña, 3 de decembro de 2015

Manuel Ferreiro González
Letrado da Administración de xustiza na Xunta Electoral Provincial