Na sesión que tivo lugar o día 27 de novembro de 2015, o tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, escala técnica de inspección turística, convocado pola Orde do 18 de decembro de 2001 (Diario Oficial de Galicia número 250, do 28 de decembro), en execución da sentenza ditada pola Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo o 19 de xullo de 2009 no procedemento ordinario 745/2003, de conformidade co establecido no procedemento de execución por auto da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do 18 de xullo de 2011, confirmado pola Sentenza do 19 de decembro de 2013, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo, que foi aclarada polo Auto do 7 de marzo de 2014,
ACORDOU:
Primeiro. Contra a baremación provisional non se presentaron reclamacións nin alegacións.
Segundo. Proceder, de conformidade co disposto na base II.3 da convocatoria, á publicación da baremación definitiva da fase de concurso correspondente ao proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, escala técnica de inspección turística.
Terceiro. Contra a baremación definitiva, os/as aspirantes poderán presentar recurso de alzada nos termos previstos nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2015
Paloma Vázquez Fernández
Presidenta do tribunal