Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Venres, 4 de decembro de 2015 Páx. 45766

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

ORDE do 19 de novembro de 2015 pola que se modifica a Orde do 22 de decembro de 2014, pola que se aproba o Plan xeral de explotación marisqueira para o ano 2015.

A Orde do 22 de decembro pola que se aproba o Plan xeral de explotación marisqueira para o ano 2015 inclúe no seu artigo 11, cadro J, o plan de explotación de anemones da confraría de Cangas, cun máximo de 80 días de extracción.

Os datos de seguimento da súa explotación desde os seus inicios en 2008 denotan un avance favorable que, no que vai de ano 2015, confirman a estabilidade da explotación que, ademais, vén acompañada dun progresivo incremento de interese comercial por esta especie de relativa recente incorporación á explotación en Galicia.

A consolidación da explotación e a súa viabilidade económica está conectada á demanda comercial e ao abastecemento do mercado, pero sen que isto comprometa o estado das poboacións e a sustentabilidade da dita explotación no tempo.

A información resultante das mostraxes realizadas após a explotación levada a cabo durante 2015 posibilita axustar os días máximos de extracción no plan de xestión de anemones aprobado á confraría de pescadores de Cangas para o ano 2015, co obxectivo de optimizar o rendemento biolóxico e económico da súa explotación.

En virtude do anteriormente exposto,

DISPOÑO:

Artigo único. Modificación da Orde do 22 de decembro de 2014 pola que se aproba o Plan xeral de explotación marisqueira para o ano 2015.

O cadro J (plans de explotación de anemone (Anemonia viridis), no que se refire ao plan de explotación da confraría de Cangas, queda redactado da seguinte maneira:

Entidade

Modalidade

Zona de traballo

Días máximos extracción

Época probable de extracción

Puntos de control

C.P. Cangas

MA

MSAS

De punta Balea ao extremo leste da praia de Liméns (incluíndo o faro da Borneira e illote Corbeiro); do extremo oeste da praia de Liméns ao extremo leste da praia de Barra; do extremo oeste da praia de Barra ata punta Robaleira

120

De xaneiro a decembro cunha veda nos meses de marzo e abril

Zonas de traballo e peirao lonxa de Cangas

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2015

Rosa Mª Quintana Carballo
Conselleira do Mar