Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Venres, 4 de decembro de 2015 Páx. 45819

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Valdoviño (expediente IN407A 2015/188-1).

Expediente: IN407A 2015/188-1.

Promotora: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación da instalación: recuamento LMT CRN-708A e adecuación ao CT Lago.

Concello: Valdoviño.

Feitos:

1. O 17.6.2015 Unión Fenosa Distribución, S.A. solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación de distribución eléctrica indicada.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante a súa inserción no DOG núm. 157, do 19 de agosto de 2015 e no BOP núm. 148, do 6 de agosto de 2015.

3. Solicitouse o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectados. A promotora manifestou a súa conformidade cos condicionados establecidos.

4. Os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron un informe favorable sobre a dita solicitude.

Consideracións legais e técnicas:

1. A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

2. O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

3. O Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

4. O Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

5. O Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

6. As características técnicas da instalación son as seguintes:

– Elevación entre os apoios nº 82 e nº 87 da liña eléctrica de media tensión aérea CRN-708A, a 15 kV, nunha lonxitude de 0,287 km, con orixe no apoio existente nº 82, onde se realiza a derivada ao CT Vilar (expediente 25/99), e final no apoio nº 97 proxectado HVH-13-4.500, que substitúe o existente no tramo da derivada ao CT ao CT Lago Mosende (expediente 7372) e a derivada ao CT Lago Pena (71/97), en condutor LA-110 mm2 Al.

– Liña eléctrica subterránea a 20 kV, cunha lonxitude de 0,020 km, con orixe no paso aerosubterráneo que se realizará no apoio nº 85 proxectado tipo HVH-15/1.000 que se intercalará na LMT CRN708A (expediente 8167) no tramo da derivada ao CT Vilar (expediente 25/99) e a derivada ao CT Lago Mosende (expediente 7372), en condutor
RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al e final na cela de liña proxectada no CT Lago Mosende, que se reformará.

– Reforma do centro de transformación Lago Mosende (expediente 7372), substituíndo todos os aparellos de media tensión existente ao aire por un CT de tipo compacto manobra exterior 2L+1P sen envolvente de formigón con transformador de 160 kVA e relación de transformación de 15.000/400 V, que se instalará na caseta de obra civil que se vai reformar.

O orzamento da instalación segundo proxecto é de 55.164,88 €.

7. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción á dita instalación eléctrica.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá presentar ante esta xefatura territorial unha solicitude á cal se lle xuntará a seguinte documentación:

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións se procede.

– Un certificado do director da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas, na montaxe da instalación e posta a punto.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial a relativa á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, ou publicación nos termos establecidos nos artigos 107, 100, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 10 de novembro de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña