Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Venres, 4 de decembro de 2015 Páx. 45822

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Xove (expediente IN407A 2015/47-2, 8241 AT).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Domicilio social: parque empresarial As Gándaras, rúa A, parcela U2, 27003 Lugo.

Denominación: novo CTC Cotelsa na estrada Alúmina.

Situación: concello de Xove.

Características técnicas:

1. Liña de media tensión subterránea a 20 kV con orixe no apoio metálico existente (A) e final no CT pé de poste Cotelsa, cunha lonxitude de 50 metros en condutor RHZ1-150.

2. Centro de transformación prefabricado pé de poste Cotelsa, cunha potencia proxectada de 250 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

3. Liña subterránea de baixa tensión con orixe no CT proxectado e final na LBTA, cunha lonxitude de 20 metros en condutor tipo RV.

4. Liña aérea de baixa tensión con orixe no apoio nº 1, cunha lonxitude de 450 metros en condutor tipo RZ.

5. Desmontaxe de 20 metros de condutor tipo LA-56, de 110 metros de condutor tipo RZ e do CT de Vilar.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 129/2015, do 8 de outubro, e do 110/2013, do 4 de xullo (modificado polo Decreto 116/2014, do 11 de setembro), polos que se establece a estrutura orgánica da consellería e tendo en conta o Decreto 36/2001, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial e outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que xulgue pertinente ao seu dereito.

Lugo, 13 de novembro de 2015

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo