Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Xoves, 3 de decembro de 2015 Páx. 45572

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 18 de novembro de 2015, do Servizo de Mobilidade da Coruña, pola que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres, devoltas polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente XC-02311-O-2015 e dous máis).

A persoa titular da Xefatura Territorial da Coruña ditou a resolución dos expedientes sancionadores número XC-02311-O-2015 e dous máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recibo no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio, notifícanse as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Infórmaselles de que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Coruña.

Comunicáselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante a persoa titular da Dirección Xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

As sancións impostas foron aboadas anticipadamente cunha redución do seu importe conforme o previsto no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres.

A Coruña, 18 de novembro de 2015

César Concheiro Ceide
Xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Persoa sancionada

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

XC-02311-O-2015

1487-HYW

Garda Civil 1500 R76589W

Defrades, S.L.

B15533573

Avenida Alcalde M. Platas Varela, 58 B, Vilarrodís

15142 Arteixo (A Coruña)

Diminución do descanso diario reducido en máis de 1 hora (sobre 9 horas). Atenuante. Igual ou superior a 7 horas e inferior a 8 horas.

30.3.2015; 20.10; N-VI; 579,0

Art. 142.19 LOTT

Art. 141.24.4 LOTT

Art. 143.1.k) LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

XC-02312-O-2015

1487-HYW

Garda Civil 1500 R76589W

Defrades, S.L.

B15533573

Avenida Alcalde M. Platas Varela, 58 B, Vilarrodís

15142 Arteixo (A Coruña)

Exceso no tempo de condución bisemanal (90 horas). Máis de 90 horas ata 100 horas.

30.3.2015; 20.10; N-VI; 579,0

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

XC-02578-O-2015

9556-DPP

Garda Civil 1503 A54682C

Maderas Diego Rodríguez

B74099762

La Coaña, s/n

33795 Asturias

O exceso igual ou superior ao 2,5 % e inferior ao 10 % sobre a MMA total en vehículos con MMA superior a 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 5 %.

17.4.2015; 11.30; N-655; 7,5

Art. 142.2 LOTT

Art. 143.1.c) LOTT

333 euros