Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Xoves, 3 de decembro de 2015 Páx. 45574

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 4 de setembro de 2015 pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Ortigueira (expediente IN407A 2015/203-1).

Advertido un erro na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 186, do 29 de setembro de 2015, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 38115, na epígrafe Características técnicas, onde di: «Liña de media tensión subterránea,a 15 kV, cunha lonxitude de 213 m, con orixe en empalmes proxectados para realizar na LMTS GRN-753, no tramo entre o CT nº 9 Vío (expediente 456/07) e o CT nº 10 Vío (expediente 456/07), condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV 1×240 mm2 Al, e final en cela de liña existente do CT nº 10 Vío (expediente 456/07), logo de realizar entrada e saída no centro de seccionamento que vai instalar o cliente.», debe dicir: «adecuación liña de media tensión aérea MEA-827, a 20 kV, cunha lonxitude de 49 m, con orixe no apoio existente nº 9 da LMTA MEA-827 (expediente 8720), condutor tipo LA-56 mm2 Al e final en apoio proxectado no cal se instala o novo transformador intemperie.

Centro de transformación intemperie Callobre, cunha potencia de 50 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V».