Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Mércores, 2 de decembro de 2015 Páx. 45454

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de cambio de uso no mercado de Santa Lucía (expediente 631/2015/302).

O Pleno Municipal, en sesión que tivo lugar o día 5 de outubro de 2015, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«Primeiro. Cambiar o uso da parcela con referencia catastral 8012301NJ4081S0001PS, cualificada polo Plan xeral de ordenación municipal de 2013 como equipamento público de abastecemento AB (Pb), correspondente co mercado municipal de Santa Lucía, á de equipamento público de continxencia EQ (Pb), cualificación que introduce, ademais, a suficiente flexibilidade para que ampare tamén, de ser o caso, outros usos dotacionais de equipamento público que poidan potenciar o propio uso de abastecemento.

Segundo. Publicar este acordo no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Notificar este acordo á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia, aos departamentos municipais de Xestión do Solo, Licenzas e Disciplina Urbanística, Sección de Patrimonio Urbanístico, así como á Oficina de Delineación-SIX de Planeamento e ao resto das áreas municipais».

A documentación exixida polo artigo 92.3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, tivo entrada na Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio o día 23 de outubro de 2015.

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, pódese interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación ou, de ser o caso, notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de calquera outro que se considere pertinente.

Con todo poderá interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o órgano que ditou o acto, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación, de conformidade cos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Coruña, 23 de outubro de 2015

P.D. (Decreto do 15.6.2015)
Xiao Varela Gómez
Tenente de alcalde da Área de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda