Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Mércores, 2 de decembro de 2015 Páx. 45452

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 17 de novembro de 2015 pola que se anuncia a formalización do contrato de subministración de equipamento para o estudo da mellora das propiedades superficiais de materiais metálicos de procesamento mediante láser e análise da súa resposta á oxidación e corrosión do expediente 2015/1014 (5 lotes), cofinanciados nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), programa operativo UNLC13-1E-2434.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Universidade da Coruña.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Patrimonio, Inventario e Xestión Económica.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.udc.gal/contratacionadministrativa

• Número de expediente: 2015/1014 (5 lotes).

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministracións.

b) Descrición: equipamento para o estudo da mellora das propiedades superficiais de materiais metálicos: procesamento mediante láser e análise da súa resposta á oxidación e corrosión. Lote 1: sistema polivalente para o procesamento láser en réxime do femtosegundo. Lote 2: mufla de atmosfera inerte e balanza. Lote 3: rectificadora. Lote 4: equipamento de análise de corrosión, composto de potenciotato galvanostato e módulo de impedancia. Lote 5: equipamento extensiométrico portátil.

c) Lote (se é o caso): si, 5 lotes.

d) CPV (referencia de nomenclatura): lote 1: 38636100-3. Lote 2: 42923000-2, 39711360-0. Lote 3: 42600000-2. Lote 4: 71337000-9. Lote 5: 73430000-5.

e) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG.

f) Data de publicación do anuncio de licitación: 11.6.2015.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 187.355,50 euros.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 187.355,50 euros. Lote 1: 135.355,50 euros, lote 2: 9.000,00 euros, lote 3: 10.000,00 euros, lote 4: 28.000,00, lote 5: 5.000,00 euros. Importe total: 226.700,16 euros. Lote 1: 163.780,16 euros, lote 2: 10.890,00 euros, lote 3: 12.100,00 euros, lote 4: 33.880,00, lote 5: 6.050,00 euros.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: lote 1: 28.8.2015, lote 2: 1.10.2015, lote 4: 1.9.2015, lote 3 e 5: deserto.

b) Data de formalización do contrato: lote 1: 21.9.2015, lote 2: 9.11.2015, lote 4: 18.9.2015.

c) Contratista: lote 1: Lasing, S.A., lote 2: VWR International Eurolab, S.L., lote 4: Gomensoro, S.A.

d) Importe ou canon de adxudicación. Importe neto: 165.117,00 euros. Lote 1: 135.300,00 euros, lote 2: 4.700,00 euros, lote 4: 25.117,00 euros. Importe total: 199.791,57 euros. Lote 1: 163.713,00 euros, lote 2: 5.687,00 euros, lote 4: 30.391,57 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a maior puntuación, de acordo co prego de cláusulas administrativas particulares.

A Coruña, 17 de novembro de 2015

P.D. (Resolución do 16.1.2012)
Juan M. Díaz Villoslada
Xerente da Universidade da Coruña