Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Mércores, 2 de decembro de 2015 Páx. 45456

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de licitación (O-15/2015).

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña. a) Dependencia: Servizo de Contratación. b) Número de expediente: O-15/2015.

2. Obxecto do contrato: obras de climatización da piscina cuberta municipal de Riazor, asegurando que na execución do contrato se fomente o emprego de calidade e o respecto e coidado do ambiente. Prazo de execución: seis semanas.

3. Tramitación: anticipada. Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: 397.670,72 € (IVE incluído).

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención de documentación: web municipal (perfil do contratante): www.coruna.es. Información: a) Teléfono: 981 18 42 19. b) Fax: 981 18 42 71. c) Enderezo: praza de María Pita, 1, 2º.

7. Clasificación: non se exixe.

8. Presentación de proposicións: a) Prazo: vinte e seis días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, e que remata ás 13.00 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ao día hábil seguinte. b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

9. Apertura de proposicións técnicas e económicas: a) Lugar: véxase punto 6. b) Data e hora: publicarase no perfil do contratante.

10. Outras informacións: véxanse pregos reguladores da contratación.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 25 de novembro de 2015

P.D. (Decreto do 15.6.2015)
Mª Eugenia Vieito Blanco
Tenente de alcalde responsible
de Facenda e Administración