Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Mércores, 2 de decembro de 2015 Páx. 45400

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (625/2012).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 625/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Carolina María Maneiro Fernández contra Andaina Servizos Sociais, S.L., Fogasa, sobre ordinario, foi ditada a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva expresa:

«Que considerando integramente a demanda interposta por Carolina María Maneiro Fernández, contra Andaina Servizos Sociais, S.L., debo declarar e declaro o dereito da demandante a percibir a suma de 1.007,92 euros polos conceptos indicados no feito probado segundo desta sentenza e, en consecuencia, debo condenar e condeno a mercantil demandada a estar e pasar pola devandita declaración e a aboar á demandante a suma de 1.007,92 euros polos devanditos conceptos máis os xuros do artigo 29.3 do ET sobre a devandita cantidade, calculados desde a data de interposición da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa, deberase observar o que resulte da aplicación do artigo 33 do ET.

Notifíquese ás partes a presente resolución e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Andaina Servizos Sociais, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2015

A secretaria xudicial