Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Mércores, 2 de decembro de 2015 Páx. 45399

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (605/2014).

PO. Procedemento ordinario 605/2014

Demandante: Aura Pizarro Ramos

Demandados: It One Digital, S.L. e Fondo de Garantía Salarial

Eu, María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 605/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Aura Pizarro Ramos contra It One Digital, S.L. e Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou auto cuxa parte dispositiva di:

Dispoño considerar desistida a Aura Pizarro Ramos da súa demanda contra It One Digital, S.L. e Fogasa, en materia de reclamación de cantidade.

Arquivar as actuacións unha vez que sexa firme esta resolución.

Así o acorda e asina SSª, Pilar Carreira Vidal, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 5 da Coruña.

Para que lle sirva de notificación en legal forma a It One Digital, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 12 de novembro de 2015

A secretaria xudicial