Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Mércores, 2 de decembro de 2015 Páx. 45394

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Primeira)

EDICTO de notificación de sentenza (RSU 3398/15 BC).

Recorrente: María Pilar Padín Lema

Avogado: Alberto Fernández Gil

Recorridos: Viajes Silgar, S.A., Fogasa, Euroconsultores Socio Sanitarios, S.L., Fiscalía da Comunidade Autónoma de Galicia, Enrique Martínez Núñez, Administración concursal Viajes Silgar (Juan Agra Requeijo), Nurtime, S.L., Administración concursal Nurtime (Juan Agra Requeijo), Yanik Vigo, S.L., Residencia de Mayores 2013, S.L.

Avogado: Avogacía do Estado Fogasa, A Coruña, Fernando García Arca, Pilar Abalo López

M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3398/2015 desta sección, seguido por instancia de María Pilar Padín Lema contra a empresa Viajes Silgar, S.A., Fogasa, Euroconsultores Socio Sanitarios, S.L., Fiscalía da Comunidade Autónoma de Galicia, Enrique Martínez Núñez, Administración concursal Viajes Silgar (Juan Agra Requeijo), Nurtime, S.L., Administración concursal Nurtime (Juan Agra Requeijo), Yanik Vigo, S.L., Residencia de Mayores 2013, S.L., sobre despedimento disciplinario, foi ditada resolución cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Fallamos que desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación letrada da demandante María del Pilar Padín Lema, contra a sentenza do 27 de abril de 2015, ditada polo Xulgado do Social número 1 de Pontevedra, nos presentes autos 472/2014, seguidos sobre despedimento por instancia da referida traballadora demandante contra as demandadas Viajes Silgar, S.A., Nurtime, S.L., Yanik Vigo, S.L. e Residencia de Mayores 2013, S.L., Euroconsultores Sociosanitarios, S.L. e Enrique Martínez Núñez, confirmamos integramente a resolución impugnada.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37 seguida dos 4 díxitos correspondentes ao número do recurso e 2 díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se houber cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de 20 díxitos
0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións” ou “Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por esta a nosa sentenza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Viajes Silgar, S.A. e a Yanik Vigo, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 11 de novembro de 2015

Letrada da Administración de xustiza