Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Mércores, 2 de decembro de 2015 Páx. 45396

V. Administración de xustiza

Xulgado do Mercantil número 1 de Pontevedra

EDICTO (281/2012).

José Luis Gutiérrez Martín, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Mercantil número 1 de Pontevedra, polo presente edicto, anuncia:

No presente procedemento de xuízo verbal 281/2012, seguido por instancia de Maga Vigo, S.L., fronte a Jorge Martínez González, ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

Resolución:

Que estimando integramente a demanda presentada pola representación procesual de Maga Vigo, S.L. fronte a Jorge Martínez González, condeno o demandado a aboar á demandante a suma de 1.608,92 euros na forma e cos xuros establecidos no fundamento xurídico cuarto do presente edicto.

Con expresa imposición das custas do presente procedemento á parte demandada.

A presente resolución é firme e contra ela non cabe recurso ningún, á vista da contía fixada e o disposto polo artigo 455.1 da Lei de axuizamento civil na súa redacción actualmente vixente.

Notifíquese ás partes.

Así o acordo, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi publicada polo xuíz que a subscribe no mesmo día da súa data, estando celebrando audiencia pública coa miña asistencia o secretario, do que dou fe.

E, encontrándose o dito demandado, Jorge Martínez González, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Pontevedra, 19 de outubro de 2015

Letrado da Administración de xustiza