Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Martes, 1 de decembro de 2015 Páx. 45269

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 17 de novembro de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, polo que se notifican as resolucións do recurso RA/VI/2015/00078 e catro máis, devoltas polo servizo de Correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentadas sen éxito as notificacións persoais a través do servizo de Correos, notifícase aos interesados que se sinalan no anexo deste anuncio as resolucións dos recursos.

Os interesados poderán comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, situadas no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, aos concellos correspondentes aos últimos enderezos coñecidos dos interesados en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Contra a resolución, que esgota a vía administrativa, caberá recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición en que o demandante teña o seu domicilio ou o de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da publicación no Boletín Oficial del Estado, de acordo co establecido nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2015

Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANEXO

Nº de recurso

Nº de expediente

Recorrente

Resolución do recurso

RA/VI/2015/00078

OU-2002/501

Rocío Freijedo Conde

Desestimación

RA/VI/2015/00088

P-AQ-0169/09

Celestino Núñez Portas

Desestimación

RA/VI/2015/00092

19370

Ana María Fratalocchi Arias

Desestimación

RA/VI/2015/00106

009-VU-0030/10

Emilio Rodríguez Yáñez e María Santos Leal Farias

Desestimación

RA/VI/2015/00110

P-AQ-0109/09

Pedro Fernando Alonso Freiría

Desestimación