Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Martes, 1 de decembro de 2015 Páx. 45271

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Vigo (expedientes IN407A 2015/188-4 e IN407A 2015/189-4 ).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Aguas de las Cuencas de España, S.A.-Acuaes.

Domicilio social: Agustín de Betancourt, 25-4º, 28003 Madrid.

Denominación:

CS subministración de socorro-CS1 (IN407A 2015/188-4).

CS de coxeración-CS2 (IN407A 2015/189-4).

Situación: Vigo.

Características técnicas:

CS1. Centro de seccionamento subministración de socorro (CS-1) composto por dúas celas de liña, con aparamenta fixa baixo envolvente metálica con corte en SF6.

CS2. Centro de seccionamento de coxeración (CS-2) composto por tres celas de liña, con aparamenta fixa baixo envolvente metálica con corte en SF6.

As instalacións están situadas no recinto da EDAR do Lagares, avenida Ricardo Mella, Vigo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo, avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 20 de outubro de 2015

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra