Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Martes, 1 de decembro de 2015 Páx. 45273

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción, así como a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica LMT derivada Macedo, no concello de Palas de Rei (expediente 004/2014 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro) en relación co título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na citada Lei 24/2013, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa, e de construción, así como a declaración de utilidade pública, en concreto, da seguinte instalación eléctrica:

Denominación: LMT derivada Macedo.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira 2, Velle-Ourense.

Finalidade: mellorar a calidade da subministración eléctrica na zona.

Características técnicas principais:

1. Liña de media tensión aérea a 20 kV con orixe no apoio existente na liña de media tensión ao centro de transformación Macedo-Cuíña con derivación ao centro de transformación Carballal e final no centro de transformación Macedo-Cuíña, cunha lonxitude de 966 metros en condutor tipo LA-56, tensado sobre apoios de formigón.

A declaración de utilidade pública, segundo o sinalado no artigo 56 da citada Lei 24/2013, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupacion para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

A relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados que se consideran de necesaria ocupación, figuran no anexo que se insire xunto con esta resolución.

Aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións por duplicado nesta xefatura territorial (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, rolda da Muralla, 70) referidas ás posibles limitacións á constitución da servidume de paso de liñas eléctricas (artigo 161 do Real decreto 1955/2000) e aqueloutras que estimen oportunas no prazo de vinte días hábiles contados desde o día seguinte ao da última publicación ou ao da notificación individual.

Durante este prazo poderase examinar o proxecto das instalacións nesta xefatura territorial de luns a venres, das 9.00 as 14.00 horas.

Ata o mesmo momento do levantamento das actas previas, os interesados poderán facer alegacións por escrito para os únicos efectos de corrixir posibles erros que se atopen ao relacionar os bens e dereitos afectados segundo dispón o artigo 56.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben, tentada a notificación, non se puidese realizar e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 10 de novembro de 2015

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Parc.nº

Ref. catastral

Lugar

Propietario

Tipo de cultivo

Afección

Pol. nº

Parc. nº

Nome, apelidos e enderezo

Apoio

Voo

Sup. ocupada m2

Lonxit. m

Sup. afectada m2

9

65

894

Tarreo de Requeixo

Eladio Besteiro

Moredo, 27205 Palas de Rei

Monte alto

1

2

27

429

15

65

58

Carballal

Dorinda Seijas Escariz

Carballal, 27204 Palas de Rei

Monte alto

21

347

19

65

697

Foxo

Luis Paredes Seijas

Carballal, 27204 Palas de Rei

Monte alto

3-4

4

161

2.575

24

65

620

Agro Grande

Eugenia Agra Paredes

Cuíña, 27208 Palas de Rei

Labradío

23

26

65

624

Cuíña

Elena Viña Carballo

Antonio Ríos, 32, 15009 A Coruña

Labradío

67

542

30

65

632

Monte Tallos

Esther Bargados Bargados

La Paz, 8, 48920 Portogalete

Monte alto

104