Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Martes, 1 de decembro de 2015 Páx. 45266

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 9 de novembro de 2015, do Servizo de Mobilidade de Pontevedra, polo que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltas polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente PO-00219-O-2015 e oito máis).

A persoa titular do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Pontevedra ditou a resolución do expediente sancionador PO-00219-O-2015 e outros oito máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recibo no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Infórmaselles que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Pontevedra.

Comunicáselles que contra a dita resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante a persoa titular da Dirección Xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

En caso de conformidade coa resolución sancionadora, os interesados deberán aboar a multa imposta, empregando o modelo impreso que se facilitará no Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Pontevedra.

No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o previsto no artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Pontevedra, 9 de novembro de 2015

José Jorge Martínez Fernández
Xefe do Servizo de Mobilidade de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Persoa sancionada

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

PO-00219-O-2015

OU-4634-U

Garda Civil 3603 T20654Z

Pablo Hernández Jiménez

54230600G

Montecalvario, 10, baixo

36313 Vigo
(Pontevedra)

O exceso igual ou superior ao 5 % e inferior ao 15 % sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas.

10.11.2014; 16.40; A55; 18,0

Art. 142.2 LOTT

Art. 143.1.c) LOTT

301 euros

PO-00348-O-2015

7108-FKS

Garda Civil 3601 A91977R

Marconsa Grupo Empresarial, S.L.

B36329910

Lg. Ande, s/n, Rubiáns

36619 Vilagarcía de Arousa

(Pontevedra)

Non levar a bordo do vehículo o título habilitante ou a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo.

19.11.2014; 16.11; VG47; 6,8

Art. 142.8 LOTT

Art. 143.1.b) LOTT

201 euros

PO-00616-O-2015

0525-GGD

Garda Civil 3603 V93728C

Recigranit, S.L.

B36855443

Lg. Cerquido, nº 42

36475 Vigo
(Pontevedra)

O exceso igual ou superior ao 10 % e inferior ao 20 % sobre a MMA total en vehículos con MMA superior a 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 12 %.

28.11.2014; 9.58; PO510; 4,0

Art. 141.2 LOTT

Art. 143.1.f) LOTT

850 euros

PO-00650-O-2015

4510-FFB

Garda Civil 3601 Q92637T

Marconsa Grupo Empresarial, S.L.

B36329910

Lg. Ande, s/n, Rubiáns

36619 Vilagarcía de Arousa

(Pontevedra)

Non levar a bordo do vehículo o título habilitante ou a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo.

18.12.2014; 8.43; PO531; 4,6

Art. 142.8 LOTT

Art. 143.1.b) LOTT

201 euros

PO-00652-O-2015

2965-BHT

Garda Civil 3601 Q92637T

Marconsa Grupo Empresarial, S.L.

B36329910

Lg. Ande, s/n, Rubiáns

36619 Vilagarcía de Arousa

(Pontevedra)

Non levar a bordo do vehículo o título habilitante ou a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo.

18.12.2014; 9.13; PO531; 4,6

Art. 142.8 LOTT

Art. 143.1.b) LOTT

201 euros

PO-00664-O-2015

4510-FFB

Garda Civil 3601 Y76740V

Marconsa Grupo Empresarial, S.L.

B36329910

Lg. Ande, s/n, Rubiáns

36619 Vilagarcía de Arousa

(Pontevedra)

A conducción sen respectar as pausas regulamentariamente exixidas. Superior a 4 horas e 30 minutos e inferior ou igual a 5 horas.

19.12.2014; 11.25; PO531; 4,5

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

PO-01059-O-2015

4574-GVW

Garda Civil 3601 Y76740V

Marconsa Grupo Empresarial, S.L.

B36329910

Lg. Ande, s/n, Rubiáns

36619 Vilagarcía de Arousa

(Pontevedra)

Non levar a bordo do vehículo o título habilitante ou a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo.

22.1.2015; 11.00; PO531; 8,5

Art. 142.8 LOTT

Art. 143.1.b) LOTT

201 euros

PO-01258-O-2015

2119-GVV

Garda Civil 3603 G29360D

Sío Rivero Eduardo

76989009M

Porto Cabeiro, 26

36415 Redondela

(Pontevedra)

A realización de transportes públicos de mercadorías, así como a contratación como carrexador ou a facturación en nome propio de servizos de transporte, carecendo da autorización, sempre que se acredite que no momento de realizalos ou contratalos, cumpríanse todos os requisitos exixidos para a súa obtención e que esta se solicitou dentro dos 15 días seguintes ao da notificación do inicio do expediente.

12.2.2015; 12.42; AP9; 157,8

Art. 142.1 LOTT

Art. 143.1.c) LOTT

301 euros

PO-03669-S-2014

2819-DBT

Policía Municipal 294522

Compras Urbanas, S.L.

B27761642

1ª Travesía baixada á Salgueira, 31

36204 Vigo

(Pontevedra)

Realizar o transporte de mercadorías perecedoiras sen levar no vehículo as marcas de identificación e indicacións regulamentarias ou levalas en lugares distintos aos establecidos.

7.10.2014; 16.15; rúa México con rúa Venezuela

Art. 142.16 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros