Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Martes, 1 de decembro de 2015 Páx. 45263

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 5 de novembro de 2015, do Servizo de Mobilidade de Pontevedra, polo que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltos polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente PO-01860-O-2015 e oito máis).

A persoa titular do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Pontevedra acordou a incoación dos expedientes sancionadores número PO-01860-O-2015 e outros oito máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse os acordos de incoación ditados ás persoas interesadas.

Infórmaselles que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Pontevedra.

Outorgáselles un prazo quince días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE para alegar o que consideren conveniente, presentando ou propoñendo as probas que consideren oportunas.

No suposto que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta días contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.

Pontevedra, 5 de novembro de 2015

José Jorge Martínez Fernández
Xefe do Servizo de Mobilidade de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Denunciado

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción denunciada

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

PO-01860-O-2015

6554-CVB

Garda Civil 3603 U36333E

Transportes Inmediatos Personalizados, S.L.

B36231942

Políg. ind. O Rebullón, nave 54 C

36416 Mos (Pontevedra)

Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro, carecendo de título habilitante.

2.3.2015; 14.35; A-52; 304,0

Art. 140.1 LOTT

Art. 141.25 LOTT

Art. 143.1.k) LOTT

Art. 143.1.f) LOTT

801 euros

PO-01948-S-2015

Z-2636-BM

Policía Municipal 221123

Francisco José Izquierdo Ojea

77464846H

Juan Bautista Andrade, 12

36005 Pontevedra

Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro, carecendo de título habilitante.

11.2.2015; 10.30; plaza de España

Art. 140.1 LOTT

Art. 141.25 LOTT

Art. 143.1.k) LOTT

Art. 143.1.f) LOTT

801 euros

PO-01982-O-2015

5234-CNH

Garda Civil 3603 U36333E

Leotrans 3000, S.L.

B70294566

r/ Simón Bolívar, 39, baixo, esq.

15011 A Coruña

A realización de transportes públicos de mercadorías, así como a contratación como carrexador ou a facturación en nome propio de servizos de transporte, carecendo da autorización, sempre que se acredite que no momento de realizalos ou contratalos, cumpríanse todos os requisitos exixidos para a súa obtención e que esta se solicitou dentro dos 15 días seguintes ao da notificación do inicio do expediente.

9.3.2015; 18.43; AP-9; 160,0

Art. 142.1 LOTT

Art. 143.1.c) LOTT

301 euros

PO-02166-S-2015

7844-GMR

Distribuidora Gallega de Publicaciones, S.L.

B15143688

Concepción Arenal, 11-13

15006 A Coruña

A contratación de servizos de transporte por parte de cargadores ou usuarios habituais con transportistas ou operadores de transporte non autorizados.

7.3.2015; 5.45

Art. 141.22 LOTT

Art. 143.1.d) LOTT

401 euros

PO-02219-S-2015

VA-3476-AD

Policía Municipal 294522

Orindo Bacelo Alonso

35562317Q

Bouza Pontella, 5

36412 O Porriño (Pontevedra)

Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro, carecendo de título habilitante.

19.3.2015; 4.05; avenida de Madrid con camiño Gandarón

Art. 140.1 LOTT

Art. 141.25 LOTT

Art. 143.1.k) LOTT

Art. 143.1.f) LOTT

801 euros

PO-02585-S-2015

GU-5795-E

Policía Municipal 294522

Transplan Lucus, S.L.

B27426923

Caravel, 19, 3º G

27003 Lugo

A condución durante máis de seis horas sen respectar as pausas regulamentariamente exixidas. Superior a 6 horas e inferior ou igual a 8 horas.

7.4.2015; 6.00; avenida de Madrid con estrada vella de Madrid

Art. 140.37.4 LOTT

Art. 143.1.g) LOTT

1.001 euros

PO-02613-S-2015

GU-5795-E

Policía Municipal 294522

Transplan Lucus, S.L.

B27426923

Caravel, nº 19, 3º G

27003 Lugo

Falsificación das follas de rexistro, cartóns de condutor, o falseamento do seu contido ou dos documentos de impresión obrigatorios.

7.4.2015; 6.00; avenida de Madrid

Art. 140.9 LOTT

Art. 143.1.i) LOTT

4.001 euros

PO-02648-O-2015

2999-FLG

Garda Civil 3601 Y76740V

Transportes Moure e Oliveira 2014, S.L.

B32447724

A Fonte Santa, 3

32410 Melón (Ourense)

Diminución do descanso diario reducido (sobre 9 horas). Igual ou superior a 8 horas e inferior a 9 horas
18.5.2015; 17.36; PO-10; 800,8

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

PO-02686-O-2015

3624-GPN

Garda Civil 3601 Q92637T

Ta Yu

Y0579617P

Brigada, 1, 3 B

28220 Majadahonda (Madrid)

O exceso igual ou superior ao 25 % sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 35 %.

7.5.2015; 15.46; PO-531; 2,5

Art. 140.23 LOTT

Art. 143.1.h) LOTT

4.000 euros