Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Luns, 30 de novembro de 2015 Páx. 45078

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 2071/2015, RCUD 356/2015-S).

Tipo e número de recurso: RSU recurso de suplicación 2071/2015

Xulgado de orixe/autos: despedimento obxectivo individual 1010/2014 Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

Recorrente: Fogasa

Avogado: Fogasa

Recorridos: Limpiezas Secope, S.A., Benigno Bretal Laranga

M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber:

Que no procedemento de recurso de suplicación 2071/2015, RCUD 356/2015-S desta sala, seguido por instancia de Fogasa contra Limpiezas Secope, S.A., Benigno Bretal Laranga, sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

«Dilixencia de ordenación da letrada da Administración de xustiza.

M. Asunción Barrio Calle.

A Coruña, 10 de novembro de 2015.

O anterior escrito presentado polo avogado do Estado únase ao recurso da súa razón. Tense por interposto o recurso de casación para unificación de doutrina e fórmese peza separada que se encabezará con testemuño da sentenza ditada por esta sala. Emprácense as demais partes para que comparezan por escrito de letrado ante a Sala do Social do Tribunal Supremo dentro do prazo de dez días, achéguense copias do dito escrito e desígnese un domicilio para notificacións na sede da dita sala. Deberase acreditar a representación da parte de non constar previamente nas actuacións.

Verificado, remítanse as actuacións ao dito tribunal.

A parte recorrente enténdese comparecida de dereito coa remisión das actuacións.

Notifíqueselles a presente á empresa Limpiezas Secope, S.A. a través do DOG.

Comuníqueselle ao Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela que contra a resolución desta sala se recorreu en casación para unificación de doutrina.

Notifíqueselles ás partes facéndolles saber que contra a presente resolución non cabe ningún recurso.

Acórdoo e asínoo. Dou fe».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Limpiezas Secope, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 10 de novembro de 2015

A letrada da Administración de xustiza