Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Luns, 30 de novembro de 2015 Páx. 45076

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO de recurso de casación (4020/2014).

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4020/2014 desta sección, seguido por instancia de Lidia Valeiras Pérez contra Sergas, Fogasa, Clece, S.A., Maconsi, S.L., administración concursal Maconsi, S.L. (Ricardo José Orban Moreno), administración concursal Maconsi, S.L. (Manuel Elías Pérez Álvarez), administración concursal Maconsi, S.L. (Manuela Seguin Nieto), sobre cesión ilegal, se ditou a seguinte resolución do 29 de outubro de 2015:

Dilixencia de ordenación. A letrada da Administración de xustiza M. Socorro Bazarra Varela.

A Coruña, 1 de outubro de 2015.

O anterior escrito subscrito polo letrado Eugenio Moure González, en nome e representación de Lidia Valeiras Pérez, únase ao recurso da súa razón xunto coas copias.

Tense por interposto o recurso de casación para unificación de doutrina. Fórmese peza separada que se encabezará con testemuño da sentenza ditada por esta sala e emprácense as demais partes para que comparezan mediante escrito do letrado, ante a Sala do Social do Tribunal Supremo, dentro do prazo de dez días, achegando copias do dito escrito e designando un domicilio para notificacións na sede da dita sala, debendo acreditar a representación da parte de non constar previamente nas actuacións.

Emprácese a Maconsi, S.L. por medio de edicto no Diario Oficial de Galicia.

Verificado, remítanse as actuacións ao dito tribunal.

A parte recorrente enténdese que compareceu de dereito coa remisión das actuacións.

Comuníquese ao Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela que a resolución desta sala foi impugnada en casación para unificación de doutrina.

Notifíqueselles ás partes e fágaselles saber que contra esta resolución non cabe ningún recurso.

Para que sirva de notificación en legal forma á administración concursal de Maconsi, S.L. (Manuela Seguin Nieto), en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 29 de outubro de 2015

A letrada da Administración de xustiza